Sestayo demanda á Xunta un Plan de Emerxencias Social para mellorar as condicións de vida das persoas sen teito

Sestayo demanda á Xunta un Plan de Emerxencias Social para mellorar as condicións de vida das persoas sen teito

Sestayo demanda á Xunta un Plan de Emerxencias Social para mellorar as condicións de vida das persoas sen teito

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo anunciou que rexistrará diversas iniciativas na Cámara Autonómica para reclamar ao Goberno de Feijoo un Plan de Emerxencias Social co fin de previr a pobreza na nosa Comunidade, mellorar a inclusión social e loitar activamente contra os falecementos de indixentes nas rúas de Galicia.

Sestayo lembrou os episodios vividos na nosa Comunidade nos últimos días, onde faleceron 4 persoas en situación de emerxencia social nas rúas da Coruña. O primeiro falecido apareceu no mes de novembro na zonas das Escravas, o pasado día 28 de novembro faleceu outra persoa na rúa San Andrés, houbo outro falecido na praza de San Cristobal na noite de martes a mércores o día 30 de novembro, e a semana pasada tamén morreu outro indixente no barrio de Vioño.

A maiores a deputada aludiu tamén a proposta do Grupo Municipal Socialista de A Coruña que esixe con urxencia este Plan de Atención ás Persoas sen teito.

Por todo isto a deputada esixe ao Goberno de Feijoo que reimplante os equipos de inclusión nas grandes cidades de Galicia, xunto cos programas para as persoas sen teito retirados polo Goberno de Feijoo.

Debate no Parlamento

Nese senso lembrou que o vindeiro mércores 7 de decembro se debate unha emenda do PSdeG-PSOE na comisión de orzamentos do Parlamento (area de Traballo e Benestar), na que se presentan medidas para loitar contra a pobreza en Galicia, e donde tamén se propón que se implanten os equipos de inclusión social na nosa Comunidade. Por iso envía unha mensaxe ao PP “aquí teñen unha boa oportunidade para mudar as súas políticas sociais”.

Sestayo afirma que en Galicia hai 6000 persoas en resgo de exclusión social “que están abandonados polo Goberno de Feijoo”, espetou.

A portavoz de Políticas Sociais insiste nas súas criticas e demanda a Feijoo que rectifique as súas políticas para as persoas sen recursos e emprazouno a que construía os centros de “inclusión social públicos pactados na pasada lexislatura cos concellos, e que se melloren as dotacións para o RISGA e outras axudas na inclusión social”, resumiu.

A parlamentaria socialista advirte da fenda social e o aumento da bolsa de pobreza “colocan a Galicia nun punto de mira que nunca existira”, e asevera que Feijoo fronte a este panorama “suprime todo tipo de axudas, ofrecendo só caridade e beneficencia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar