Sestayo critica que a Vicepresidencia reduza o orzamento en igualdade e de loita contra a violencia de xénero cando é a única consellería da Xunta que aumenta os seus presupostos

Sestayo critica que a Vicepresidencia reduza o orzamento en igualdade e de loita contra a violencia de xénero cando é a única consellería da Xunta que aumenta os seus presupostos

Sestayo critica que a Vicepresidencia reduza o orzamento en igualdade e de loita contra a violencia de xénero cando é a única consellería da Xunta que aumenta os seus presupostos

Beatriz Sestayo denuncia “abuso de poder” no reparto de axudas aos concellos

A portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, advertiu hoxe que a Vicepresidencia da Xunta ten reducido o orzamento en materia de igualdade a pesares de ser a única Consellería do goberno que aumenta o seu orzamento. Así o dixo na comparecencia do titular deste departamento, Alfonso Rueda, na Comisión de Orzamentos do Parlamento.

A deputada socialista lamentou que o aumento de dous millóns de euros neste departamento, no marco dun Orzamento recesivo, “non da lugar a un incremento nas políticas de Igualdade e de loita contra a violencia de xénero”. Advertiu que estes orzamentos “demostran a súa folla de ruta: menos igualdade e mais burocratización”.

Denunciou así que as partidas ás políticas de igualdade pasen de 454.000 euros a tan só 12.364, co que as accións de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero “practicamente son suprimidas”.

Sestayo reprochoulle ao conselleiro que se presente no Parlamento a anunciar “a paz dos camposantos”, repetindo en 2013 os mesmos anuncios que fixo en 2012, como son os edificios xudiciais de Coruña e Pontevedra, ou o anuncio do parque de bombeiros de Carballiño, o mesmo que anunciou no outono do ano pasado.

Falla de respecto ao Parlamento

Tamén criticou a falla de respecto ao Parlamento dende a Consellería de Presidencia, xa que ten baixo a súa responsabilidade a dirección xeral de Relacións Parlamentarias, que xestionou a paralización das respostas ás preguntas parlamentarias. Así, sinalou que das 108 preguntas formais presentadas polos socialistas galegos, ao amparo do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, só responderon 30.

Sestayo lamentou que o conselleiro “fale de éxito na área das relacións parlamentarias” cando iso se traduce a que teñen atendido menos do 25 por cento das preguntas parlamentarias, e dixo que “si nunha empresa privada o seu rendemento é do 25 por cento vostede estaría na rúa por absoluta incompetencia”.

Coacción aos concellos
A responsable socialista sinalou o desleixo do conselleiro con relación á reforma da administración local e do taxazo xudicial, “dúas reformas que constitúen un profundo ataque ao sistema, á arquitectura institucional do país”.

Ademais, denunciou a “coacción aos concellos” no reparto de axudas municipais, exercendo “abuso de poder” ao obrigar a facer “o que quere a Xunta ou se asfixia aos veciños e veciñas” rompendo co principio de autonomía local e beneficiando nun 90 por cento aos concellos do PP.

Finalmente, dixo que o Plan de Infraestruturas Xudiciais “segue sendo un plan de goteiras” mentres a Xustiza ten o seu orzamento “sen executar” e a Consellería destina unha “partida ridícula á implantación da oficina xudicial”. Felicitou ironicamente ao conselleiro xa que “si no anterior exercicio eramos os penúltimos do Estado na implantación da planta xudicial, agora xa somos os últimos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar