Sestayo considera "o colmo da ineficacia e incompetencia" que a Xunta teña bloqueadas as escolas infantís do Educa3

Sestayo considera "o colmo da ineficacia e incompetencia" que a Xunta teña bloqueadas as escolas infantís do Educa3

Sestayo considera "o colmo da ineficacia e incompetencia" que a Xunta teña bloqueadas as escolas infantís do Educa3

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, cualificou de “colmo da ineficacia e da incompetencia” que a Xunta manteña paralizadas dende hai 3 anos as escolas infantís correspondentes ao Plan Educa3. Así o dixo no debate en Pleno dunha Proposición non de Lei socialista para que a Xunta desbloquee a execución deste acordo asinado co goberno central en 2009.

Finalmente a proposta foi aprobada parcialmente, cun acordo unánime a favor de asinar os convenios cos concellos que restan para executar o Plan en Galicia. Sen embargo, o PP rexeitou que esta iniciativa incluíra un calendario de licitación e realización das obras para garantir a entrada en vigor das escolas infantís antes do remate do ano 2012, que é, como recordou Sestayo, o prazo máximo que establece o acordo co goberno central.

Sestayo dixo que a realidade é que a constru

ción das escolas, concibidas para garantir a conciliación da vida profesional e familiar, “non constitúe unha prioridade da Xunta dirixida por Feijóo”. Acusouno de manter bloqueado este convenio polo que o Goberno central debera aportar o 50 por cento do investimento, mentres os concellos dispoñerían de outro 40 por cento e tan só o 10 restante corre a cargo da Xunta.

A responsable socialista dixo que o goberno galego “non aposta polas escolas infantís”, e polo tanto négase a asinar os convenios correspondentes cos concellos, mantendo bloqueada a execución do Plan e evitando así ter que asumir o devandito 10 por cento do seu financiamento.

Celeridade

A portavoz de Políticas Sociais reclamou o asinamento dos convenios “coa maior celeridade” e lembrou que a Xunta de Galicia carece, a día de hoxe, dun mapa xeográfico e de demanda destas escolas no territorio autonómico, como evidencia que “non queiran aprobar por exemplo unha nova escola infantil para Ferrol”.

Criticou tamén que o PP rexeite garantir un calendario para que as escolas entren en servizo antes do 31 de decembro de 2012, tal e como figura no convenio asinado co goberno central. Sestayo acusou ao PP de ser “incapaces de cumprir o que vostedes mesmos asinan”.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar