Sestayo advirte que a Xunta ten retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses

Sestayo advirte que a Xunta ten retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses

Sestayo advirte que a Xunta ten retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, acusou hoxe á Xunta de ter retidos os pagos da dependencia correspondentes a dez meses. A parlamentaria socialista lembroulle á conselleira de Benestar que “ten a obriga de transferir as partidas de Dependencia cada mes, tal e como fai o Estado”.

Sestayo cualificou hoxe de “insulto á intelixencia” o anuncio feito hoxe pola conselleira de pagar as axudas trimestralmente. Lembrou que “o Grupo Socialista leva anos denunciando o que a Xunta está a facer inxustificadamente coa Dependencia e reclamando os pagos a mes vencido, que é como está a pagar o Estado”, e dixo que a día de hoxe “leva retidos dez meses de pago, xa que non abonou un só mes do ano 2011”.

Dixo que o anuncio de hoxe “non é mais que vestir unha esixencia realizada polo Estado” logo de que Galicia retivera os fondos estatais sen explicar debidamente, en engadiu que ao anunciar o pago trimestral “confirman que agora van reter estes mesmos fondos durante dous meses”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar