Sestayo advirte de posibles ilegalidades da Xunta na privatización de escolas infantís

Sestayo advirte de posibles ilegalidades da Xunta na privatización de escolas infantís

Sestayo advirte de posibles ilegalidades da Xunta na privatización de escolas infantís

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, dixo hoxe que a Xunta “pode cometer unha ilegalidade” ao privatizar as escolas infantís obrigando aos entes locais a pagar a empresas privadas o 30 por cento do financiamento da súa competencia. Así o dixo no debate dunha Proposición non de Lei en Comisión para garantir o carácter público das escolas infantís, que foi rexeitada polo PP.

Sestayo sinalou que co decreto de privatización das escolas infantís a Xunta está decidindo unilateralmente sobre a xestión dunhas instalacións patrimonio dos concellos e cedidas a un fin determinado que non é o beneficio das empresas. Lembrou que o goberno galego obriga agora aos concellos a pagar en efectivo ás privadas o 30 por cento que lles corresponde para a xestión do mantemento.

Criticou que os concellos “van contribuír”, por decisión unilateral da Xunta, a satisfacer o ánimo de lucro destas empresas, obrigando a pagar un servizo público “primeiro a través dos impostos, despois a través do seu patrimonio e finalmente abonando tarifas encarecidas para as privadas”. “Evidencian –dixo- que entenden os servizos públicos como negocio e nunca como un servizo accesible cun fin corrector de desigualdades sociais”.

A parlamentaria socialista acusou ao PP de demostrar que “non apostan polo municipalismo, nin polos servizos públicos, nin polas medidas de conciliación familiar e laboral”. Engadiu que “cren que os servizos públicos deben ser unicamente rendibles cando atopan rendibilidade comercial” e que “nunca miden esta rendibilidade en termos de benestar e calidade do servizo para a cidadanía”.

Por este motivo, dixo, é polo que “demonizaron as escolas infantís” para que, tres anos despois, “hoxe teñamos seis modelos diferentes, con escolas infantís que pertencen ao Consorcio, escolas da Consellería do Benestar, outras procedentes do Plan Educa, ou as municipais con e sen subvención”.

Lamentou así o rexeitamento desta proposta socialista que literalmente reclamaba ao Goberno galego “garantir a xestión pública das escolas infantís de competencia autonómica, rectificando os pasos dados cara á xestión privada”.

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Febreiro 17, 2012 a 23:58

    … y queremos resolver el deficit demografico o lo q es peor conciliar, tan solo ayudar. Si las iniciativas del pp son estas sera q pretenden exterminar os galegos. Viva España ! sin pp

Deixar a resposta

Pechar