Sestayo acusa ao Presidente da Xunta de dinamitar os acordos parlamentarios sobre os estaleiros de Navantia

Sestayo acusa ao Presidente da Xunta de dinamitar os acordos parlamentarios sobre os estaleiros de Navantia

Sestayo acusa ao Presidente da Xunta de dinamitar os acordos parlamentarios sobre os estaleiros de Navantia

A deputada do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo esixiulle hoxe ao Presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo que cumpra o seu compromiso con Ferrol e garanta a construcción do dique flotante e o mantemento dos postos de traballo directos e indirectos nos estaleiros de Navantia. Tamén reclaman que colabore coa SEPI no cofinanciamento e desenvolvemento dun centro de reparacións.

Sestayo advertiulle ao Presidente da Xunta que os compromisos electorais, que promulgou durante a campaña, e os compromisos parlamentarios, por certo acadados por unanimidade, están para cumprilos. Neste punto a deputada lembrou que o pasado 14 de setembro de 2011, o Pleno do Parlamento aprobou co apoio de  tódolos grupos da Cámara Autonómica, unha proposición para garantir viabilidade aos estaleiros de Navantia. Por iso preguntou “para que están os acordos da Cámara si despois non se respectan?”, espetou.

Explicou que o Goberno Estatal comprometeu unha subvención a partes iguales, xunto coa administración autonómica para construír o dique flotante, pero agora o Goberno de Feijoo acaba de pronunciarse, e din que “non teñen competencias para realizar esta infraestructuras”. Sestayo acusou a Feijoo “dinamitar os acordos do Parlamento e de enganar aos cidadáns de Ferrol”.

Por iso emprazou ao Presidente da Xunta a que recapacite para que cumpra os seus compromisos “porque dende o PSdeG-PSOE non consentiremos, nin permitiremos que se dea un paso atrás cos estaleiros de Navantia”. “Non permitiremos que nos tomen o pelo”.

Por ultimo preguntoulle a Feijoo cando mentía “durante a Campaña Electoral cando comprometeu un centro de reparacións, ou cando decidiu que non tiña competencias sobre este asunto?”, concluíu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar