Sestayo acusa ao goberno galego de abandonar aos traballadores dos estaleiros mentres cuadruplica a plantilla de directivos de Navantia

Sestayo acusa ao goberno galego de abandonar aos traballadores dos estaleiros mentres cuadruplica a plantilla de directivos de Navantia

Sestayo acusa ao goberno galego de abandonar aos traballadores dos estaleiros mentres cuadruplica a plantilla de directivos de Navantia

Beatriz Sestayo critica que os compromisos de Feijóo “cóntanse por mentiras” ao só acadar 600 postos de traballo fronte a 4.186 despedimentos no naval ferrolán en dous anos

A deputada socialista Beatriz Sestayo acusou hoxe ao goberno galego de ter abandonado aos traballadores do naval de Ferrol mentres a empresa pública Navantia cuadruplica a plantilla de directivos. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión de Industria na que sinalou que os compromisos de Feijóo “cóntanse por mentiras”.

Lembrou que fronte aos 4.186 despedimentos no naval ferrolán nos últimos dous anos, os anuncios de Feijóo tan só acadaron carga de traballo para 600 traballadores “mentres aumentan os salarios dos seus amigos a costa dos traballadores despedidos”. Retou ao goberno galego a que “vaia ás potas de Bazán a presentarlles a súa soberbia e autocomplacencia”.

Sestayo advertiu que os compromisos de Feijóo de obter 14 remolcadores, os quimiqueiros ou o dique flotante demostráronse como “mentiras”, xa que fronte aos floteis de Ferrol que suporían 3.000 postos de traballo limítanse a 262 de acordo coa empresa, e mentres prometía un buque militar tipo LHD finalmente é unha patrulleira que tan só garantirá carga para 250 persoas sen crear un só novo posto de traballo.

Acto electoral

Evidenciou ademais que o corte de chapa dos floteis foi un “acto puramente electoral” xa que “cando se marcharon os fotógrafos pararon de cortar, provocando o enfado dos traballadores e das empresas auxiliares convidadas”.

Dixo que logo de cinco anos de goberno de Feijóo, Ferrol atópase á cabeza do desemprego de todo o Estado, os estaleiros seguen baleiros e as empresas auxiliares pasaron de 110 hai dous anos a tan só catro traballando nos estaleiros, todas elas baixo ERE.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar