Sestayo: “A Xunta non comprometeu nin un só euro nos orzamentos de 2012 para o dique flotante de Ferrol”

Sestayo: “A Xunta non comprometeu nin un só euro nos orzamentos de 2012 para o dique flotante de Ferrol”

Sestayo: “A Xunta non comprometeu nin un só euro nos orzamentos de 2012 para o dique flotante de Ferrol”


A deputada ferrolá do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu hoxe na Comisión 6º do Parlamento para defender unha emenda sobre os asteleiros públicos de Navantia. Na proposta esixiu á Xunta que colabore coa SEPI no cofinanciamento (50%) e desenvolvemento dun centro de reparacións de Navantia na ría de Ferrol, de acordo co “contrato con Ferrol”, exposto polo Presidente Núñez Feijoo en 2009.

Sestayo reclamou ao conselleiro de Industria Javier Guerra “que se aclare coa financiacion do dique flotante”. E ademais esixiulle a o Presidente Feijoo que compromete dunha vez o 50% do financiamento desta infraestructura, e preguntoulle en que partida do orzamento esta o investimento para o dique flotante.

A deputada cualifica a posición da Xunta neste tema de “política en zig-zag”, xa que unha vez di unha cousa e despois di outra. A parlamentaria insistiu nas súas críticas e asevera que a Xunta non consignou nin un so euro nos orzamentos.

E replica que a colaboración da Xunta pasa por “colaborar de forma subsidiaria na medida que poida”, segundo manifestou hoxe en sede parlamentaria. Por iso pregunta cales son as medidas que pensa adoptar o Goberno de Feijoo “cando non hai nin un so euro destinado ao dique”, advertiu.

Sestayo esixe ao Presidente Núñez Feijoo “que se tome en serio, e dunha vez os astelerios da ría de Ferrol, xa que deles dependen 20.000 postos de traballo”, por iso reclama “o mesmo compromiso que xa puxo enriba da mesa o Goberno central”.

Ademais anunciou que reclamou a comparecencia do Conselleiro de Industria Javier Guerra para explicar o plan naval Ferrol .

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar