Sestayo: "A Xunta aplasta os dereitos dos dependentes empregando a Burocracia"

Sestayo: "A Xunta aplasta os dereitos dos dependentes empregando a Burocracia"

Sestayo: "A Xunta aplasta os dereitos dos dependentes empregando a Burocracia"

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Beatriz Sestayo, denunciou que a Xunta está a “aplastar” os dereitos dos dependentes empregando a burocracia “ata aburrilos”. Así o dixo no debate dunha moción para que a Xunta cumpra coa Lei de Dependencia e cumpra as resolucións e facilite o seguimento dos expedientes, que foi rexeitada polo PP.

Sestayo advertiu que o Goberno galego obriga aos demandantes que soliciten as súas resolucións “ata en 20 ocasións” sen resolver as súas demandas, amosando unha “demostrada vontade de incumprir a Lei de Dependencia”. Dixo que teñen retirado os fondos dos concellos deixándoos “asfixiados”, ademais de renunciar a implantar novas tecnoloxías para coñecer o trámite das solicitudes e bloquean as xa postas en marcha.

Criticou que obrigan aos concellos galegos a asumir unha “labor imposible” retirando as achegas orzamentarias mentres os sobrecargan con funcións competencia do Goberno autonómico, como é a inspección. Ademais o goberno autonómico anuncia unilateralmente que dividirá cos concellos as aportacións para servizos públicos, e que decidirá si privatiza a súa parte mentres obriga aos entes municipais a asumir a súa parte.

Acusou á Xunta de Galicia de levar unha lexislatura “exculpándose” e responsabilizando ao Goberno central, que no primeiro Consello de Ministros presidido por Rajoy decide “conxelar” a Lei da Dependencia e retrasar a súa implantación. Lembra as contradicións cos compromisos de Feijóo de solucionar as esperas en 120 días, cando a realidade é que aumentaron nun 400 por cento.

Sinalou que, mentres incumpren co seu compromiso de facer públicos os expedientes, agochan as listas de espera de dependentes na provincia de Lugo ao tempo que recoñecen unha espera para 1.100 prazas privadas ou constrúen “guetos” para maiores, en alusión á futura residencia de Guitiriz.

Sestayo desafiou á conselleira de Traballo e Benestar a dicir “unha soa persoa ou un só concello de Galicia que teña acceso ao seu expediente a través da informática” malia que a propia conselleira teña anunciado este sistema “ata once veces” sen que teña sido posto en marcha en tres anos.

Expedientes

A responsable socialista lamentou o rexeitamento por parte do PP á moción socialista para poñer en funcionamento as plataformas tecnolóxicas “co fin de que os servizos municipais poidan coñecer e facer seguimento dos expedientes de dependencia”. Tamén reclamaba que a Xunta “poña as medidas urxentes necesarias co fin de que as resolucións de dependencia se cumpran nos seus propios termos e nos prazos previstos na Lei”.

Os socialistas solicitaron tamén nesta moción que a conselleira de Traballo e Benestar compareza na Cámara cada seis meses “para informar sobre a evolución dos datos da dependencia en Galicia”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar