Sesión de control no Parlamento sobre o fracaso da política laboral de Feijóo

Sesión de control no Parlamento sobre o fracaso da política laboral de Feijóo

Sesión de control no Parlamento sobre o fracaso da política laboral de Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, lamentou o novo veto do PP a unha comparecencia de Feijóo para dar conta do fracaso da súa política de creación de emprego, o “gran problema deste país”, como evidenciou a última EPA. Así o dixo logo da Xunta de Portavoces do Parlamento, na que sinalou que dedicará a próxima sesión de control ao presidente ao fracaso da política sociolaboral do goberno galego.

O responsable socialista sinalou que o presidente da Xunta non foi quén de dar resposta ao principal problema de Galicia e continúa negándose a render contas nunha comparecencia parlamentaria, que os socialistas están a reclamar en cada sesión plenaria.

O certo, dixo, é que logo de sete anos de goberno a cifra de parados non baixa, ao contrario da de ocupados, e Galicia medra menos que resto do Estado, sen que iso supoña ademais crecemento do emprego.

Méndez Romeu reclamou ademais a comparecencia do vicepresidente e conselleiro de Presidencia “para explicar as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación co presunto acoso sexual do presidente da Deputación de Ourense”. Lamentou que o goberno galego se presente “abrazando a Baltar un día si e outro tamén” a pesares do “calvario xudicial” no que se ten situado.

Iniciativas

Os socialistas galegos levarán ao próximo Pleno do Parlamento unha moción para cambiar a política ambiental da Xunta de Galicia, ademais dunha proposición non de Lei para modificar a nova Lei do Solo de Galicia, que en dous meses revelou importantes eivas na súa redacción. Queren solventar así que deixe na ilegalidade ás instalación agrarias en solo rural.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para mellorar a atención aos enfermos de Alzheimer e ás súas familias, que hoxe vense obrigadas a asumir o 80 por cento dos custes da atención médica e sociosanitaria.

O Grupo Socialista levará á sesión da próxima semana unha interpelación sobre a paralización da Plisan, que logo de sete anos de xestión de Feijóo “vaise asemellando pouco a pouco a unha lagoa e máis a un espazo medioambiental protexido que a un viveiro de empresas”. Tamén presentarán unha interpelación de balance sobre os presuntos “logros” do goberno galego na loita contra a pobreza.

O apartado de preguntas orais ao Goberno centrarase nesta ocasión na renuncia ao Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia en Ourense e no veto a abrir o Servizo de Medicina Nuclear no Hospital de Lugo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar