Sesgo machista nos subsidios por desemprego para maiores de 50 anos

Sesgo machista nos subsidios por desemprego para maiores de 50 anos

Sesgo machista nos subsidios por desemprego para maiores de 50 anos

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou o “sesgo machista” dos subsidios para desemprego das persoas maiores de 50 anos, con novos requisitos que provocan que “na maioría dos casos a muller se vexa privada do subsidio previo á xubilación”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei para recuperar as condicións previas destas axudas.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de recortar os subsidios de desemprego a costa de reducir as axudas para mulleres, xa que, dixo, “mentres en Galicia entre 2011 e 2014 o paro aumentou en preto de 40.000 persoas, un 17 por cento mais, o gasto para prestacións reduciuse en ao redor de 250 millóns de euros, un 18 por cento menos.

Acuña advertiu que, ademais de retrasar o subsidio de 52 a 55 anos, a obriga de ter dereito a outra prestación e o seu vencello coas rendas familiares prexudican claramente ás mulleres. Explicou que cando o home está parado só o 22 por cento das mulleres ten traballo a tempo completo, mentres cando a muller está parada, o 52 por cento dos homes teñen contrato a tempo completo.

Xa que os traballos a tempo completo adoitan superar o límite de 833 euros mensuais de ingresos que permiten optar a este subsidio, a consecuencia é que as mulleres teñen mais difícil que os homes o acceso a esta axuda cando están parados, o que revela “unha medida discriminatoria para as mulleres e profundamente machista”. Dixo que “agora depende do que cobre o marido e non da vida laboral da muller”, polo que ironizou si “non será que o PP persegue que todas nos divorciemos”.

Esta situación provoca que en Galicia, aínda que o paro das persoas de mais de 51 anos aumentou nun 40 pro cento entre 2011 e 2014, as altas iniciais no subsidio para maiores de 52 reducíronse nun 50 por cento “a forza de deixar fóra do mesmo ás mulleres”.

Ademais, a decisión de parcializar esta axuda nos casos de perda de traballo con contratos a tempo parcial “tamén castiga mais duramente ás mulleres”, xa que hoxe o 80 po cento das mulleres de Galicia teñen este tipo de contratos parciais e, polo tanto, só poden optar a un subsidio parcializado.

A responsable socialista reclamou por iso que a idade de inicio do subsidio previo á xubilación volva ser os 52 anos, “e que non estea vencellado ás rendas familiares, xa que se trata dun dereito individual derivado do tempo traballado e cotizado”. Ademais, esixe a súa percepción completa “aínda que derive dun contrato a tempo parcial”.

Ademais, reclámalle á Xunta a que “desenrole unha campaña específica para o control dos contratos a tempo parcial das mulleres, así como para a vixilancia da fenda salarial”, logo de sinalar que “soamente o 11,4 opor cento das actuacións da inspección de traballo céntrase no emprego e relacións laborais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar