Senadoras e Senadores socialistas galegos preguntan ao Goberno, entre outros asuntos, polas sancións impostas a xubilados con pensións do estranxeiro sen declarar

Senadoras e Senadores socialistas galegos preguntan ao Goberno, entre outros asuntos, polas sancións impostas a xubilados con pensións do estranxeiro sen declarar

Senadoras e Senadores socialistas galegos preguntan ao Goberno, entre outros asuntos, polas sancións impostas a xubilados con pensións do estranxeiro sen declarar

Miguel Fidalgo, Ricardo Varela e Ángeles Marra intervirán na Comisión e interesaranse tamén por coñecer a evolución experimentada durante o último ano polo volume e as contías dos subsidios de desemprego, como consecuencia das modificacións introducidas na súa regulación e a supresión dalgúns dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) na provincia de Pontevedra

Durante a sesión da Comisión de Emprego e Seguridade Social, o Goberno responderá a unha serie de preguntas, 26 delas formuladas polo Grupo Socialista.

En primeiro lugar, Miguel Fidalgo, senador por Ourense, interesarase polas axudas recibidas pola empresa T-Solar de Ourense, con indicación das razóns que motivaron o seu Expediente de Regulación de Emprego (ERE) de extinción, das actuacións realizadas para evitar o peche definitivo, da influencia da supresión de axudas á enerxía renovable e da perda de emprego que supón o peche.

Fidalgo tamén pedirá ao Executivo a súa valoración das cifras do Instituto de Estatística alemán sobre a emigración de mozos dende España no ano 2012 e sobre o feito de que aos perceptores das pensións máis baixas que perciben pequenas cantidades por emigrar se lles esixa cantidades importantes de supostos atrasos e sanción por non declarar esas cantidades sobre as que se lles informou que non tiñan que facelo, con especial referencia á Comunidade Autónoma de Galicia.

Máis tarde, Ricardo Varela, senador por Lugo, preguntará pola interpretación que o Goberno fai do concepto de "colectivo prioritario" para os maiores de 55 anos non perceptores en relación coa súa participación en políticas activas, establecido no Real Decreto Lei 5/2013, do 15 de marzo, de medidas para favorecer a continuidade da vida laboral dos traballadores de maior idade e promover o envellecemento activo.

Ademais, mostrará interese en coñecer a contía pendente de aboar en concepto de prestacións por desemprego, motivada pola redución do 60% ao 55% da base, entre os meses sétimo e vixésimo cuarto da prestación e a contía económica que tivo que aboar o conxunto dos traballadores no paro, perceptores de prestacións por desemprego, como consecuencia das modificacións introducidas na achega ás cotizacións á Seguridade Social.

Varela tamén solicitará información sobre a evolución experimentada durante o último ano polo volume e as contías dos subsidios de desemprego, como consecuencia das modificacións introducidas na súa regulación.

Pola súa parte, a senadora por Pontevedra, Ángeles Marra, preguntará polas medidas que está a adoptar o Goberno para paliar os descensos no custo laboral por empregado que, por quinto trimestre consecutivo, diminuíu no ano 2013 e sobre a valoración que fai o Executivo en relación co feito de que o custo laboral por empregado e mes baixase por quinto trimestre consecutivo no ano 2013.

Marra tamén pedirá ao Goberno unha avaliación do feito de que o custo laboral dos galegos por hora de traballo efectiva ascende a 16,77 euros e consultaralle sobre as súas previsións con respecto á adopción dalgunha medida para que o Fondo de Garantía Salarial (FOGASA) poida resolver os expedientes pendentes de tramitación e garantir o pagamento inmediato das prestacións a que teñan dereito os traballadores da provincia de Pontevedra.

A senadora galega preguntará ademais polas previsións do Goberno con respecto á supresión dalgúns dos Centros de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) na provincia de Pontevedra e pola súa valoración que realiza o Goberno acerca de que o censo de coidadoras de persoas dependentes se reducise nun oitenta por cento durante os dous últimos anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén se interesará polo número de coidadores familiares de persoas dependentes que cotizan á Seguridade Social, a 31 de decembro de 2012, e na mesma data de 2013, na provincia de Pontevedra e sobre o número de traballadores da provincia de Pontevedra que non puideron acceder ao subsidio para maiores de cincuenta e cinco anos en 2013, unha vez esgotada a prestación por desemprego.

Outras preguntas de Ángeles Marra farán referencia aos motivos polos que dende o Goberno se puxo en marcha o proxecto GRETA para externalizar expedientes de FOGASA correspondentes á provincia de Pontevedra, ás previsións do Goberno con respecto ao incremento do equipo do persoal e a mellora das instalacións da Unidade Administrativa de FOGASA en Pontevedra, con sede na cidade de Vigo e ás previsións do Goberno con respecto á ampliación do equipo de persoal deste mesmo Fondo na provincia de Pontevedra.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar