Sen investimentos para o Barbanza

Sen investimentos para o Barbanza

O deputado socialista Emilio Vázquez denunciou hoxe a “absoluta falla de investimentos” para a comarca do Barbanza nos orzamentos aprobados pola Xunta para o ano 2016. O goberno galego aplica un severo correctivo ás aspiracións dos concellos da comarca, que solicitan investimentos por riba de 15 millóns de euros, reducindo as actuacións a uns pírricos 1,5 millóns de euros.

Vázquez criticou uns orzamentos “electoralistas, que deixan moitas partidas sen concretar para aplicalas en función dos seus intereses propagandistas”. Despois de definir a “bombo e platillo” os orzamentos como os da recuperación, “atopámonos coa falla de concreción e compromiso coa comarca do Barbanza”. Feito que provocou a protesta de todos os rexedores da Comarca.

A grande maioría dos orzamentos concretos, dixo, “carecen de investimentos, e os que hai son anémicos”, como a conexión Sampaio – Portobravo por 175.000 euros ou os pantaláns de Cabo de Cruz –100.000 euros-.

Tamén criticou que a meirande parte dos concellos carecen de inversións e por tanto “non existen nos orzamentos da Xunta de Galicia” e nada se sabe sobre compromisos como a rexeneración da Ría de Noia, a mellora da Rede de Saneamento de Muros ou da circunvalación de Portosín.

Ademáis, o goberno galego exclúe totalmente as actuacións pendentes na comarca en materia de política social, que “non reciben un só euro”, como é o caso da ampliación do Hospital de Barbanza, o Centro de Saúde de A Pobra ou o Centro de Día de Rianxo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar