Sen executar os orzamentos de mellora das condicións do rural

Sen executar os orzamentos de mellora das condicións do rural

Sen executar os orzamentos de mellora das condicións do rural

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, alertou hoxe da baixa execución das partidas orzamentarias previstas polo goberno galego para fixar poboación e mellorar e modernizar o tecido produtivo rural. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión, na que advertiu que dos 132 millóns orzamentados en 2016, só investiron 82 e deixaron 56 sen executar.

A responsable socialista advertiu que as contías que non foron quén de investir en 2016 foron incorporadas ao orzamento do ano seguinte “inflando as contas”. Amosou o seu escepticismo dos supostos 230 millóns de euros de investimentos anunciados para este ano que, dixo, “estaremos pendentes de que non sexa un novo acto de publicidade que finalmente quede en nada”.

Rodríguez Rumbo reivindicou “condicións de vida dignas” para as persoas que decidan vivir no rural, así como un esforzo “real” do goberno galeo por fixar poboación nuns concellos que perden poboación de forma imparable. Acusou á Xunta de “mirar para outro lado” fronte ás deficiencias de transporte por estrada ou ferrocarril, así como do peche de oficinas bancarias.

Sinalou ademais as eivas na atención médica ou pediátrica nos centros de saúde e os PAC, a falla de escolas infantís e centros residenciais e de día, ademais da “falla de sectores produtivos” e o desleixo diante de medidas como a supresión das oficinas de rexistro civil, xulgados de paz ou dos rexistros da propiedade.

Camiños municipais

Rodríguez Rumbo presentou hoxe, nesta mesma liña, unha proposición non de Lei para reclamarlle axudas á Xunta para a mellora, ampliación e mantemento de camiños municipais, que foi vetada polo PP. Rodríguez Rumbo solicitaba equiparar as partidas deste ano coas do exercicio de 2016, xa que pasou de 20 millóns de euros a apenas 12, cunha redución do 60 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar