Seis meses de publicidade e propaganda electoral

Seis meses de publicidade e propaganda electoral

Seis meses de publicidade e propaganda electoral

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, advertiu, logo de coñecer que as eleccións autonómicas serán convocadas no outono, que “estes meses van ser exclusivamente de propaganda e publicidade electoral”. O responsable socialista sinalou que “a acción de goberno en Galicia está paralizada dende hai moito tempo”.

Méndez Romeu advertiu que o presidente da Xunta “tirou a toalla dende hai máis de un ano” sen ofrecer resposta aos “problemas que día tras día vemos que continúan presentes” como a diverxencia no crecemento económico de Galicia co resto do Estado, a cronificación do desemprego ou a falla de investimento.

Acusou ao presidente da Xunta de ter “mediatizado” o calendario electoral galego en función da súa “ambición persoal” e “consideracións de carácter partidario” en base a unha “estratexia para colocarse en Madrid, onde definitivamente lle pecharon as portas”.

Finalmente, sinalou, a convocatoria electoral terá lugar “cando compre facelas” esgotando a lexislatura ata o outono, o que resulta “obvio” e “debe ser norma habitual nas institucións".

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar