Seis de cada dez mulleres do rural traballan sen asegurar

Seis de cada dez mulleres do rural traballan sen asegurar

Seis de cada dez mulleres do rural traballan sen asegurar

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou hoxe o desleixo da Xunta á hora de aplicar a Lei de titularidade compartida das explotacións e a desaparición das axudas para incorporar ás mulleres como cotitulares en Galicia, que pasaron de 140.000 euros en 2012 a “cero euros” en 2015.

Acuña presentou unha pregunta no Pleno do Parlamento na que criticou que o desinterese do goberno galego pola situación das mulleres no rural provoca que 6 de cada 10 traballen nas explotacións familiares sen estar aseguradas. Sinalou que o 67 por cento das mulleres cónxuxes que traballan nas explotacións familiares non son cotitulares, e as que o son da explotación non o son dos medios de produción.

Puxo como mostra do desinterese do goberno galego por esta Lei que a data do pasado 25 de xuño, cando en toda España figuraban apenas 136 explotacións inscritas no rexistro de titularidade compartida, en Galicia só figuraban 13, cando se trata da Comunidade Autónoma co maior número de explotación agrarias.

A deputada socialista alertou da situación de “total invisibilidade, non existencia” das mulleres que viven no rural galego malia ao seu papel “fundamental para o mantemento poboacional e para o desenvolvemento económico de vilas e aldeas”.

Alertou que estas mulleres viven a peor parte dunha fenda salarial que en Galicia é xa de por si máis dura que no resto do Estado polo menor nivel salarial propio desta Comunidade Autónoma. Lembrou que a fenda salarial continúa medrando e rolda xa o 24 por cento, e aínda resulta peor no caso das pensións, onde se sitúa no 39 por cento.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar