Seis anos de Feijóo son seis anos perdidos para a sanidade pública

Seis anos de Feijóo son seis anos perdidos para a sanidade pública

Seis anos de Feijóo son seis anos perdidos para a sanidade pública

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, a deputada Carmen Acuña e o coordinador sectorial de Sanidade Paco Reyes reuníronse esta mañá con representantes de todos os sindicatos de enfermería e auxiliares na comunidade (SATSE, SAE, UXT, CCOO e CIG), que lle trasladaron ao líder dos socialistas galegos “o deterioro crecente da sanidade pública” e as malas condicións laborais nas que realizan o seu traballo. Besteiro propuxo “chegar a un acordo definitivo” cos expertos e profesionais “para estabecer unha ratio de número de enfermeiros por cama e por paciente” que deba cumplirse e por debaixo da cal non se poidan realizar recortes de persoal no Sergas.

“Tiñamos un dos mellores sistemas sanitarios de Europa e estes anos de austeridade e de PP tradúcense nunha sanidade con moitos máis problemas dos que estabamos acostumados a sortear”, lamentou o socialista, que trasladou que o colectivo da enfermería “están vendo que estes seis anos do PP en Galicia son anos perdidos para a sanidade pública e en moitos casos dunha forma irrecuperable”. Ante esta realidade, o PSdeG ofrece “fortalecer e apuntalar a sanidade pública como compromiso irrenunciable” dos socialistas.

Gómez Besteiro destacou tamén a “demanda crecente de que se poña fin ás taxas de reposición” actuais e que se garanta unha taxa de reposición que permita a substitución dun profesional que se xubila ou está de baixa por outro, xa que nos últimos anos “despareceron moitas prazas de enfermeiros e de médicos na sanidade pública, e iso tradúcese nun peor servizo” sanitario. “É o xusto se todos consideramos o servizo público de sanidade, como o de educación, como pezas fundamentais” que agora viven “desorganización, colapsos e falta de perstación de servizos de forma axeitada”.

“A involución e o deterioro que implica o PP no concepto de público é máis que evidente. É unha estratexia política, unha forma de entender a política. Non se pode facer o mesmo servizo con menos persoas, o servizo resíntese moitísimo, e isto seguirá acontecendo mentres o goberno do PP non se tome en serio a sanidade pública, que nos afecta a todos”, afirmou Gómez Besteiro, que apuntou que o goberno de Feijóo está “privilexiando a iniciativa privada, que é lexítima pero non é o que queremos a maioría dos cidadáns deste país”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar