Seguimento exhaustivo aos EREs suspensivos ou de redución de xornada

Seguimento exhaustivo aos EREs suspensivos ou de redución de xornada

Seguimento exhaustivo aos EREs suspensivos ou de redución de xornada

O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, presentará no Pleno do Parlamento que comeza o próximo martes unha moción para que a Xunta realice un seguimento exhaustivo das empresas acollidas a Expedientes de Regulación de Emprego suspensivos ou de diminución de xornada.

O responsable socialista insta ao Goberno galego que acorde coas empresas que apliquen un ERE “un procedemento de seguimento que permita avaliar o grao de consecución dos obxectivos do propio expediente e da evolución da situación da empresa”.

Fernández reclámalle á Xunta que se dirixa ao goberno do Estado para que modifique o Decreto da reforma laboral co obxectivo de que a autoridade laboral “continúe sendo quen autorice os expedientes de regulación de emprego, tanto os de extinción como os suspensivos e os de redución de xornada”.

Dixo que o “desleixo” e a “lamentable inacción” de Feijóo e o Goberno galego provocan que Galicia teña sido a Comunidade Autónoma co maior incremento no número de EREs en todo o Estado durante o ano 2011. Lembrou que durante o pasado exercicio foron aprobados 1.669 expedientes de redución de emprego que afectaron a un total de 22.829 traballadores e traballadoras, un 73,13 por cento mais que no ano anterior.

Sinalou que Galicia continúa a ser “mes tras mes” a autonomía que mais emprego está a destruír a través de EREs, mentres a  Xunta mantén “os brazos caídos” e renuncia a exercer as súas competencias en política laboral. Neste sentido, lembrou que o goberno de Feijóo deixou sen executar no ano pasado un total de 160 millóns de euros dos fondos de promoción de emprego, deixando sen atender a 69.522 parados e 28.180 ocupados.

250 parados cada día

O parlamentario socialista advertiu que a única resposta ofrecida por Feijóo foi a de “aplaudir entusiasta unha reforma do mercado laboral que levou ao paro a 250 galegos e galegas ao día no que levamos de 2012. Explicou que en total 25.000 traballadores e traballadoras quedaron sen emprego no primeiro trimestre do ano, mentres o goberno galego é “incapaz” de ofrecer o mais mínimo impulso para a reactivación económica.

Lembrou que os datos do pasado mes de abril evidencian o fracaso da política de emprego da Xunta de Galicia, xa que foi a primeira vez en toda a historia de Galicia que dito mes se pecha perdendo emprego. Apuntou que “abril foi unha etapa de incremento da contratación ata a chegada de Feijóo e as súas política neoliberais radicais”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar