Sectarismo inaceptable no bloqueo ao acondicionamento dos portos de Covelo e Raxó

Sectarismo inaceptable no bloqueo ao acondicionamento dos portos de Covelo e Raxó

Sectarismo inaceptable no bloqueo ao acondicionamento dos portos de Covelo e Raxó

O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Torrado, denunciou hoxe o “sectarismo inaceptable” demostrado por Portos de Galicia ao bloquear o acondicionamento dos portos de Covelo e Raxó, no Concello de Poio, pendentes dende 2009. Acusou ao ente dependente da Xunta de “buscar escusas de mal pagador” para “mal disimular” o seu “traballo como zapadores do exército”.

O responsable socialista lamentou o veto do PP a unha proposta socialista na Comisión de Pesca debatida hoxe para poñer en marcha os proxectos pendentes, que o PP rexeitou con argumentos “incoherentes, falaces e pobres”. Desafiou ao PP a facer unha visita ao porto para comprobar se, como dixo hoxe a súa portavoz, as obras están sendo executadas.

Advertiu que “segundo o PP non hai ningún problema técnico nin tampouco político”, pero “rexeitan no Parlamento unha iniciativa que o PP de Poio aprobou na Corporación Municipal”. Criticou a “irresponsabilidade e ineficiencia manifesta” do goberno galego ao deixar de lado estas intervencións.

Reduce a paralización a unha decisión “meramente política”, logo de constatar o acordo asinado en 2009 entre o Concello e Portos, que mesmo foi orzamentado nos anos 2009, 2010 e 2011, sen que chegara a ser executado. Dende aquela, sinala, “o Goberno e Portos de Galicia permanecen mudos, pese a que os proxectos ata contan coa autorización do Servizo Provincial de Costas do Estado”.

O acondicionamento, dixo, afecta á reordenación das zonas con tráfico rodado, permiso do tránsito peonil por toda a fronte marítima, dotación de zonas de estacionamento delimitadas, rehabilitación de pavimentos, disposición de elementos de mobiliario urbano e sinalización e dotación de tódolos servizos necesarios para a infraestrutura.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar