Sectarismo e interese partidario do PP na reapertura da Comisión das caixas galegas

Sectarismo e interese partidario do PP na reapertura da Comisión das caixas galegas

Sectarismo e interese partidario do PP na reapertura da Comisión das caixas galegas

O portavoz de Economía, Industria e Orzamentos do Grupo Socialista, Abel Losada, acusou hoxe ao PP de cargar de “sectarismo e interese partidario” a reapertura da Comisión de Investigación sobre as caixas galegas, logo de tres anos paralizada. Así o dixo no debate no Pleno do Parlamento no que o PP negouse a consensuar un acordo sobre este órgano.

Os socialistas galegos reclamaban unha nova Comisión de Investigación aberta a novas comparecencias e á petición dos informes escatimados polo goberno galego en 2013. O PP rexeitou esta proposta cunha solicitude propia limitada a abrir o órgano para rematar os traballos pendentes dende a súa conxelación por vontade do PP, á que os socialistas se abstiveron.

Losada sinalou que “os cargos nomeados polo PP teñen moito que dicir” sobre un proceso que supuxo 9.000 millóns de euros do FROB para o saneamento e posterior venda por apenas 1.000 á entidade venezolana Banesco e que, en menos de tres anos, xa deu 1.754 millóns de beneficios.

O responsable socialista reclamaba a comparecencia dos ex gobernadores do Banco de España Miguel Ángel Fernández Ordóñez e Jaime Caruana para completar a comparecencia que en 2013 tivo que facer por escrito por imposición do PP. Daquela, lembrou, o PP non quixo agardar un mes para que se desprazara a Galicia argumentando unha suposta presa que non lles impediu paralizar as conclusións do órgano durante tres anos.

Sinala ademais a necesidade da comparecencia do actual gobernador, Luis María Linde, que “algo terá que dicir”, así como a ex conselleira e muñidora da privatización, Marta Fernández Currás, que daquela escusou a súa presenza por estar “moi ocupada” no seu cargo no goberno central.

Tamén reclamou a auditoría completa elaborada por KPMG que custou un millón de euros e que foi enviada ao Parlamento incompleta, así como o informe de McKinsey – Nomura sobre a venda a Banesco.

O responsable socialista advertiu que “vamos seguir pedindo esas comparecencias” para analizar un proceso de privatización e venda “opaco, inoportuno e precipitado”, que contrasta coa oposición manifesta do goberno central a “malvender” outras entidades como Bankia.

Lamentou que este celo non se repetira en Galicia, a única comunidade histórica que carece a día de hoxe de entidade propia xestionada por unha fundación de caixas de aforro, como si teñen Cataluña e Euskadi e tamén Andalucía e Aragón.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar