Seara solicítalle a Pastor unha reunión para que fomento se comprometa coas infraestruturas pendentes na provincia de Ourense

Seara solicítalle a Pastor unha reunión para que fomento se comprometa coas infraestruturas pendentes na provincia de Ourense

Seara solicítalle a Pastor unha reunión para que fomento se comprometa coas infraestruturas pendentes na provincia de Ourense

Sostén que “é perentorio que o Goberno concrete proxectos, prazos e investimentos respecto á AVE e outras infraestruturas na provincia que están paralizadas”

A deputada socialista ourensá Laura Seara enviou unha carta á Ministra de Fomento na que solicita unha reunión con Ana Pastor, para abordar o escenario de paralización no que se atopan as infraestruturas na provincia de Ourense e co fin de obter o compromiso do Ministerio respecto dos proxectos pendentes.

Na súa misiva, Seara alude á “difícil situación económica pola que atravesa o noso país; situación que no último ano non só non mellorou senón que empeorou, sobre todo para as familias máis vulnerables”.

“Neste complexo escenario económico -indícalle á Ministra- é absolutamente esencial unha adecuada planificación dos investimentos que non debe con todo obviar aquelas infraestruturas que son primordiais para o desenvolvemento dos territorios”.

Por iso, trasládalle a Pastor “a necesidade que a provincia de Ourense ten respecto de poder dispor das infraestruturas apropiadas que sirvan como elemento de vertebración do territorio, así como de elemento dinamizador da economía e o desenvolvemento da provincia”.

Deste xeito, afirma que “é absolutamente perentorio que o Goberno concrete prazos e investimentos respecto das diferentes conexións da alta velocidade na provincia, así como unha clara definición dos proxectos de entrada da AVE na cidade de Ourense e da estación intermodal”.

Así mesmo, Seara pretende abordar con Pastor a situación de infraestruturas como a A-76, a N-525, a N-120 e diferentes proxectos provinciais que se atopan paralizados.

Tras lembrarlle á Ministra que é deputada elixida por unha circunscrición galega, a socialista ourensá sostén que “Ourense é exemplo de provincia interior necesitada dunha firme aposta polo reequilibrio territorial que non sempre é asumida polas administracións” “E nesa aposta o Ministerio de Fomento debe xogar un papel determinante para vertebrar, dinamizar e abrir espazos de desenvolvemento e progreso en Ourense” -apunta.

Pola súa condición de “única deputada da oposición pola provincia de Ourense nas Cortes Xerais”, Seara espera obter resposta positiva da Ministra respecto da celebración da reunión que solicita.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar