Seara sinala que a desaparición dos partidos xudiciais foi a "crónica anunciada do golpe mortal á xustiza"

Seara sinala que a desaparición dos partidos xudiciais foi a "crónica anunciada do golpe mortal á xustiza"

Seara sinala que a desaparición dos partidos xudiciais foi a "crónica anunciada do golpe mortal á xustiza"

Recorda que "os socialistas xa advertimos hai dous anos da desaparición dos partidos xudiciais, o Goberno ocultouno e hoxe xa está nun anteproxecto de lei"

Apunta que "en Galicia e en Ourense, pola súa dispersión poboacional, ruralidad e envellecemento de poboación, a xustiza só se verá de lonxe"

A deputada socialista ourensá Laura Seara lamenta que hoxe sexa xa realidade, nun anteproxecto de Lei, a desaparición dos partidos xudiciais. Este feito, unido ao tasaxo xudicial, sinala que é "unha patada definitiva ao dereito dos cidadáns á tutela xudicial efectiva e a un acceso igual á xustiza".

Seara recorda que se trata "dunha crónica anunciada do golpe mortal á xustiza". Neste sentido, incide en que "os socialistas xa advertimos hai dous anos das intencións do Goberno de suprimir os partidos xudiciais existentes para crear un único partido xudicial por provincia".

Indica a deputada socialista que "o Goberno intentou realizar esta manobra -que atenta de novo contra os dereitos dos cidadáns da pé- de forma velada, pero os socialistas levamos dende o ano 2012 avisando das verdadeiras intencións do PP, que lamentablemente por fin viron a luz,".

Apunta así que tanto a propia Seara coma outros deputados e deputadas socialistas viñeron presentando no Congreso, dende hai dous anos, multitude de iniciativas parlamentarias solicitando o Goberno explicación sobre a desaparición dos partidos xudiciais. En todas as respostas parlamentarias, "o Goberno escorreu o vulto, dicindo que só se trataba dun informe e non dunha proposta en firme". "Mentiron -reproba a deputada socialista- e hoxe xa está no anteproxecto de Lei" -reproba.

A deputada ourensá sinala que mesmo en varias cabeceiras de partidos xudiciais como Celanova, Ribadavia e Xinzo de Limia se fixeron mobilizacións por parte dos funcionarios, dos colectivos do sector e dos propios cidadáns contra a supresión dos devanditos partidos. "Pero o Goberno negouno todo e esperou para agora asestar o golpe mortal".

Explica que o anteproxecto do Goberno liquida os partidos xudiciais coa creación dos tribunais provinciais de instancia, que serán os que asumirán as competencias actuais dos Xulgados e en todos os órganos xurisdicionais. "O ámbito territorial deses novos tribunais será provincial, desaparecendo así a práctica totalidade dos partidos xudiciais e, con iso, decenas de órganos xudiciais,"

Esta situación -alerta a diputaada- provocará situacións paradoxais como as de Santiago de Compostela, que sendo a capital administrativa de Galicia podería quedar despoxada de órganos xudiciais que agora teñen sede na devandita cidade, ou a da cidade de Vigo, que non tería a sede provincial da provincia de Pontevedra.

Resalta ademais que, respecto a Galicia, e especialmente a Ourense, polas súas especiais características de dispersión poboacional, ruralidad e poboación envellecida, a supresión dos partidos xudiciais supoñerá un total afastamento dos cidadáns á xustiza.

"Trátase dun ataque brutal; dun ataque máis por parte do Goberno do PP a dereitos fundamentais dos cidadáns, neste caso á xustiza, que ven como perden o dereito a unha educación publica gratuíta e de calidade, dereitos en sanidade, o dereito ao emprego e en moitos casos mesmo a unha vivenda digna, e tamén o dereito á xustiza". "Recorte continuo de dereitos e liberdades é o sinal de identidade do Goberno do PP de Rajoy" -lamenta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar