Seara reivindica o liderado de España en cooperación

Seara reivindica o liderado de España en cooperación

Seara reivindica o liderado de España en cooperación

A exministra e directora da Fundación Carolina, Rosa Conde, participou hoxe nunha reunión sectorial de cooperación que se celebrou no Centro Cívico Colón, na que afirmou que a cooperación foi unha das liñas de traballo máis claras dos gobernos de José Luís Rodríguez Zapatero, ata o punto que se lle cambiou o nome ao Ministerio de Exteriores para chamalo Ministerio de Exteriores e Cooperación.

A Secretaria de Estado de Igualdade e candidata ao Congreso, Laura Seara, explicou que a cooperación forma parte do desenvolvemento económico, e España é un país líder en cooperación xunto con outros países europeos.

Seara afirmou que temos que afianzar os noso lazos con América latina, e os galegos de xeito particular.

En clave de Igualdade, Seara celebrou que hoxe estea en Ourense a primeira muller que foi portavoz dun goberno de España.

“Solidariedade e intelixencia son as dúas claves que temos utilizado para definir a nosa política de cooperación”, dixo, e salientou entre os compromisos dos socialistas aumentar progresivamente a axuda oficial ao desenvolvemento (AOD) ata o 0,7% da renda nacional básica, a medida que se vaia recuperando a economía.

Tamén sinalou que se dedicará o 25% da AOD á cobertura de servizos sociais básicos, facendo un esforzo especial na África Subsahariana.

Ademais, Seara explicou que a fiscalidade é o instrumento necesario para financiación do estado de benestar, e salientou o compromiso dos socialistas coa mellora dos sistema tributario para facelo máis xusto e eficiente.

Lembrou que se teñen reducido os impostos ás rendas máis baixas e ás PEMES e autónomos, e se subiron aos que máis teñen nun reparto máis equitativo da carga impositiva, restablecendo o imposto de patrimonio só para os patrimonios máis altos e de forma temporal, entre outras medidas.

Tamén sinalou a posta en marcha do Plan de Prevención contra o Fraude Fiscal, grazas ao que se recadou 10.000 millóns de euros no 2010.

Rosa Conde explicou que para ela foi honor que Zapatero lle pedira dirixir a Fundación Carolina, unha institución do sistema de cooperación, e salientou que os avances cuantitativos nesta materia foron extraordinarios con respecto aos datos que deixou o PP no 2004, e os cambios cualitativos tiveron que ver coa forma dos compromisos da cooperación.

“Es una de de las cosas que podemos revindicar de lo que ha sido el paso por el Gobierno de los socialistas”, dixo, ao que engadiu que “donde estamos los socialistas se nota, y se nota muy especialmente en la política de cooperación”.

Rosa Conde leva traballando sete anos en materia de cooperación, facendo un esforzo especial en afianzar as relacións con América latina, un esforzo iniciado polos gobernos de Felipe González, e continuado polos gobernos de Zpatero.

“América Latina es una región esencial, y ahora más que nunca porque ya no necesita tanto de nuestra ayuda como de nuestra coordinación, colaboración, y España no sería nada sin América Latina”, dixo, e explicou que o esforzo da Fundación Carolina é axudar na inversión de capital humano en América Latina.

Así apuntou que se están investindo 19 millóns de euros, de inversión pública e privada, en formar mozos de América Latina cunha estancia en España, intentando a igualdade de oportunidades, becas que teñen un extraordinario valor social nos seus países de orixe.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar