Seara: Rajoy volve a ignorar a Galicia

Seara: Rajoy volve a ignorar a Galicia

Seara: Rajoy volve a ignorar a Galicia

A deputada e secretaria de coordinación institucional do PSdeG-PSOE subliña que "A Rajoy esqueceuselle Galicia, no seu anuncio de axudas a parados, a pesar ser a segunda comunidade autónoma na que máis aumentou o paro"

Considera que "nunca houbo un discurso dun Presidente do Goberno máis afastado da realidade dos cidadáns aos que en teoría representa"

A Secretaria de coordinación institucional e participación do PSdeG-PSOE e deputada ourensá nas Cortes Laura Seara considera "indignante" o discurso que o Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, realizou no Congreso no Debate do Estado da Nación.

Para Seara "nunca houbo un discurso dun Presidente do Goberno máis afastado da realidade dos cidadáns aos que en teoría representa".

Así, sinala que "mentres os cidadáns sobreviven como poden, afogados por un Goberno do PP que leva castigando un ano sistematicamente aos que menos teñen, o Presidente do Goberno vén hoxe ao Congreso a presumir de ter salvado o país".

"Rajoy faltou hoxe de novo o respecto aos traballadores, aos desempregados, aos anciáns, ás mulleres, aos mozos, aos enfermos, aos estudiantes...y especialmentel a 1,5 millóns de familias nas que ningún dos seus membros recibe ningún ingreso" -apunta.

A deputada socialista destaca "a desastrosa xestión que Rajoy fixo da crise, sen políticas de crecemento e con brutais e arbitarios recortes, levaron a España a ser hoxe un país máis empobrecido, máis inxusto e cunha maior división social entre os que máis e os que menos teñen, entre os que poderán estudar e os que non, entre os que poderán acceder á xustiza e os que non e, mesmo, entre os que gozarán dunha axeitada asistencia sanitaria e os que non". "Unha fractura social que será difícil de superar" -afirma.

Por iso, considera que "Rajoy terá que render contas no futuro da situación á que levou a España".

Respecto a Galicia, Seara reprocha que "Rajoy volveu ignorar hoxe a Galicia no Debate do Estado da Nación". "Hoxe demostrou unha vez máis que Galicia non está entre as prioridades do seu Goberno".

Neste sentido, remarca que "ao Presidente do Goberno do PP se esqueceron hoxe os parados galegos cando anunciou axudas a desempregados noutras Comunidades Autónomas a pesar de ser Galicia a segunda na que máis creceu o paro".

"Mentres tanto -engade- é de esperar que Feijoo permanecerá calado, escondido, cómplice...como en tantas ocasións,".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar