Seara presenta unha PNL no Congreso para a posta en marcha dunha política integral de Alzheimer

Seara presenta unha PNL no Congreso para a posta en marcha dunha política integral de Alzheimer

Seara presenta unha PNL no Congreso para a posta en marcha dunha política integral de Alzheimer

A deputada socialista galega e portavoz do PSOE en materia de discapacidade, Laura Seara, presentou no Congreso dos Deputados unha Proposición non de Lei (PNL) coa que insta ao Goberno a "levar a cabo unha política integral de Alzheimer que considere os aspectos sanitario, social e de apoio á investigación", así como a "elaborar un Libro Branco que inspire as liñas mestras da devandita política".

Para iso, a iniciativa parlamentaria contempla que se debe "contar coas Comunidades Autónomas no ámbito das súas competencias e coas organizacións representativas deste colectivo".

Así mesmo, a Proposición non de Lei recolle de modo específico unha manifestación de apoio e adhesión á conmemoración, hoxe 21 de setembro, do día mundial do Alzheimer.

Seara sinala que "as persoas afectadas pola enfermidade de Alzheimer ou outro tipo de demencias gozan na actualidade dunhas condicións de atención moito mellores que hai apenas trinta anos". "Isto é debido, explica, aos avances producidos en diversos ámbitos como o incremento do investimento en investigación, a mellora nos tratamentos farmacolóxicos e non farmacolóxicos, e a aprobación da Lei de Dependencia, entre outros,".

Non obstante, a deputada socialista galega incide en que "a dimensión da enfermidade e dos seus efectos ou consecuencias esixe poñer enriba da mesa unha formulación integradora de abordaxe específica, con que se articulen as medidas oportunas que permitan facer fronte ás necesidades sociais, sanitarias, económicas...etc que o Alzheimer vai xerar".

"Iso só é posible -afirma- se se dispón dunha axeitada Política de Estado de Alzheimer que supere as diferenzas políticas e se centre na abordaxe clara e decidida desta epidemia do século XXI. "

Para levar a cabo esta Política de Estado de Alzheimer, indica que "debemos partir dunha formulación integradora de abordaxe específica que debería establecerse no marco dunha Estratexia de Alzheimer, tal como fixeron xa noutros países do noso extorno máis próximo,".

Deste modo, a deputada espera non só "mostrar o apoio do grupo socialista e do Congreso dos Deputados á celebración do día mundial do Alzheimer, senón ademais contribuír á consecución da mellora das condicións de vida das persoas que sofren esta enfermidade" que afecta, entre os que a padecen directamente e os seus coidadores, a máis de 3,5 millóns de persoas en España.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar