Seara preguntaralle a Montoro pola actuación do Goberno ante os presuntos delictos de prevaricación da Deputación de Ourense coas depuradoras

A deputada socialista ourensá Laura Seara esixirá a Montoro, cunha pregunta oral na próxima sesión de control do Congreso, que dea resposta sobre as accións que vai levar a cabo o Goberno tras os informes da Oficina Europea de Loita contra a Fraude (OLAF) sobre a Deputación de Ourense.

Esta será a primeira vez que o Goberno responda en sede parlamentaria a esta cuestión, tras coñecerse que a OLAF instou a Xustiza española a actuar ante unha posible fraude cometida pola Deputación ourensá en relación ás depuradoras.

Seara recorda que a UE reclamou, a través do Ministerio de Facenda, a devolución por parte da Deputación de Ourense dos 10,1 millóns de euros recibidos para os proxectos Daredo e Deputran.

A deputada socialista incide en que os responsables directos da posible fraude serían o ex presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o actual Delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar