Seara pide que Goberno e Xunta aborden un plan de recuperación integral do Parque Natural do Xurés

Seara pide que Goberno e Xunta aborden un plan de recuperación integral do Parque Natural do Xurés

Seara pide que Goberno e Xunta aborden un plan de recuperación integral do Parque Natural do Xurés

A deputada ourensá lamenta que levamos meses advertindo da necesidade deste plan e agora o parque ardeu de novo"

Considera que "é esencial a implicación do Goberno" "para evitar que este parque natural, Lugar de Interese Comunitario, arda unha e outra vez"

A deputada socialista por Ourense lamenta o novo incendio producido no Parque Natural do Xurés e pide "que o Goberno Central e a Xunta de Galicia aborden dunha vez un Plan de Recuperación Integral deste Parque, que está declarado como Lugar de Interese Comunitario (LIC) ".

A deputada socialista ourensá xa rexistrou en xuño do pasado ano no Congreso unha Proposición non de Lei neste sentido, coincidindo con outro incendio que entón xa arrasou os montes do Parque Natural así como espazos deste de grande interese paisaxístico e alto valor ambiental.

Na devandita Proposición non de Lei, Seara solicitou "que o Goberno, de acordo coa Xunta de Galicia, dispoña dos medios técnicos, humanos e económicos necesarios para abordar a recuperación integral do Parque Natural de Baixa Limia-Serra do Xurés". Así mesmo, a deputada socialista presentou dende entón unha emenda aos sucesivos Presupostos Xerais do Estado para dotar economicamente con 350.000 euros esta actuación; emenda que foi rexeitada sistematicamente polo PP.

Ante este novo incendio, a deputada ourensá apunta que "este Parque Natural, situado na provincia de Ourense, leva décadas sufrindo o lume e os efectos que este provoca, cada ano en inverno e en verán, deixando a estampa dun desastre ecolóxico cuxas consecuencias son graves" "tanto para o propio Parque Natural coma para os homes e mulleres que o habitan".

Por iso, incide en que "é absolutamente necesaria a urxente implicación do Goberno Central e da Xunta de Galicia nunha actuación de recuperación integral deste espazo natural, na que tamén deben colaborar os concellos implicados"

Así mesmo, a deputada critica que realizou diversas parlamentarias que o goberno non lle respondeu respecto ao convenio asinado entre Feijoo e Cañete no mes de maio do ano 2012, baixo a Lei 45/2007 para o desenvolvemento sostible do medio rural, que estableceu un calendario de tres anos co obxectivo de investir 170 millóns de euros en zonas deprimidas ou pouco desenvolvidas. "Unha das accións contempladas no devandito convenio -sinala Seara- é a de 'Investimentos nos municipios da zona integrados na Reserva Mundial da Biosfera Xurés-Gerês (Lobios, Entrimo, Muíños, Lobeira, Calvos de Randín e Bande) por un total de 1.500.000 euros' e o Goberno debe responder sobre que actuacións se desenvolveron con cargo a esta partida.

"O do Xurés non é castigo dos deuses" -apunta. "Arde cada ano porque se cometen os mesmos erros cada ano; non se fan tarefas de prevención e non se apoian nin se desenvolven as accións previstas para o Parque e para as poboacións que están dentro do Parque". "O Goberno non pode mirar para outro lado ante un Parque Natural que é reserva da biosfera transfronteiriza xunto a Portugal e o Parque Peneda Gerês" -reclama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar