Seara pide ao PP que deixe de tratar aos pensionistas emigrantes retornados "coma se fosen delincuentes"

Seara pide ao PP que deixe de tratar aos pensionistas emigrantes retornados "coma se fosen delincuentes"

Seara pide ao PP que deixe de tratar aos pensionistas emigrantes retornados "coma se fosen delincuentes"

A deputada socialista ourensá critica "o afán recadatorio e a mala fe do Goberno" con este colectivo tras amnistiar verdadeiros defraudadores fiscais

O PP volveu rexeitar hoxe no Congreso unha Proposición non de Lei do PSOE -que foi defendida pola deputada socialista Laura Seara- "para que o Goberno regularice a situación dos pensionistas emigrantes retornados sen consideralos como defraudadores fiscais" e que contempla medidas como períodos de pagamento máis longos e a exención do pagamento de sancións e intereses de demora.

Seara lamenta que "de forma sistemática o PP rexeita en Madrid as iniciativas que lle presentamos dende a oposición para dar unha solución xusta ao colectivo de pensionistas emigrantes que volveron ao noso país, en moitos casos tras un exilio económico ou político, e que non merecen este trato por parte do Goberno"

O PP xa rexeitamento no Pleno do Congreso outra Proposición non de Lei do PSOE na que os socialistas pedían medidas para a regularización fiscal deste colectivo, entre as que se incluía o peche dos expedientes sancionadores e o establecemento de liñas ICO. Ademais, tanto os deputados coma os senadores socialistas galegos teñen formuladas ao Goberno baterías de preguntas, preguntas orais en Pleno, interpretacións e mocións nas Cortes para que o Goberno habilite unha solución.

Non obstante, a deputada socialista sinalou hoxe durante a súa intervención no debate que "o PP en Galicia votou recentemente a favor dunha iniciativa similar ás que nos rexeitan aquí".

Por iso, pediu ao PP "que se aclaren dunha vez e "deixen de votar unha cousa en Galicia e outra en Madrid". "Rematen cos dobres discursos e as mascaradas -engadiu." Pero, sobre todo, solicitou ao Goberno "que cese con esta ofensiva e estratexia planificada de persecución aos máis débiles, mentres se amnistiaba verdadeiros defraudadores fiscais".

Neste sentido, incidiu en que "nunca se informou a este colectivo de que tiñan o deber de tributar polas pensións recibidas no estranxeiro e agora, en lugar de informalos, lles abren directamente un expediente mesmo no caso de pensións percibidas en países cos que se manteñen convenios bilaterais dende os anos 60 e 70". "Estas pensións nin sequera aparecían para tributar nos borradores de declaración que recibían de Facenda" -remarcou.

Trátase en moitos casos, sobre todo en Galicia, de pensións moi baixas e de persoas que non son defraudadores pero están a recibir requirimentos ata familiares de emigrantes falecidos ou persoas" "con pensións de invalidez ou incapacidade" -lamentou.

"Por parte destas persoas non hai culpa, non hai dolo e nin sequera hai neglixencia e o que se encontran é co afán recadatorio e a mala fe do Goberno" -criticou.

Todos os grupos políticos, agás o PP, apoiaron a iniciativa socialista. "Unha vez máis, o PP queda só, impoñendo a súa maioría e gobernando contra todos" -reprobou Seara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar