Seara pide a comparecencia de Cañete no Congreso para explicar o ERE de TRAGSA e TRAGSATEC

Seara pide a comparecencia de Cañete no Congreso para explicar o ERE de TRAGSA e TRAGSATEC

Seara pide a comparecencia de Cañete no Congreso para explicar o ERE de TRAGSA e TRAGSATEC

Laura Seara considera que "a actuación contundente do Goberno debería ser decisiva para garantir a continuidade destas empresas"

O grupo socialista pediu que compareza no Congreso dos Deputados o ministro de agricultura, alimentación e medio, Sr. Arias Cañete, para que explique o ERE en TRAGSA e na súa filial TRAGSATEC.

A deputada socialista galega Laura Seara -membro da comisión de agricultura do Congreso- sinala que "o ERE nesta empresa pública xerou a alarma de moitos traballadores e de moitas familias" e apunta que "a actuación do Goberno debería ser contundente e decisiva para garantir a continuidade desta empresa pública e, polo tanto, o ministro debe explicar en sede parlamentaria cal será esa actuación".

Seara recorda que o grupo público Tragsa presentou no Ministerio de Emprego a súa decisión de despedir 1.336 empregados despois de que os dous expedientes de regulación de emprego (ERE) -un en Tragsa e outro na filial Tragsatec- que formulou rematasen sen acordo cos sindicatos.

Explica a deputada que o control de Tragsa é da SEPI pero que "é o Ministerio de Agricultura e Medio quen tutela o grupo ao designar 8 dos 15 conselleiros".

Este grupo, dedicado á xestión ambiental, tiña ao final do ano pasado 9.848 traballadores. Os ERE inclúen 726 despedimentos en Tragsa e 610 en Tragsatec, un total de 1336 traballadores, o que, segundo sinala Seara, "supera de sobra os 803 previstos inicialmente na filial".

A deputada socialista indica que "os sindicatos consideran que as causas económicas, organizativas e produtivas que esgrime a empresa non están xustificadas" e resalta que "é curioso que os despedimentos non afectan aos 388 directivos do grupo, cuns soldos moi elevados e que si serán reclasificados". Sobre este punto, indica que hai 6 directores, 12 directores adxuntos, 28 subdirectores, 73 xerentes, 7 expertos e 122 xefes de departamento.

"Ante esta situación, a comparecencia do ministro debe producirse canto antes" -reclama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar