Seara insta o PP a que vote no Congreso contra un imposto para o viño

Seara insta o PP a que vote no Congreso contra un imposto para o viño

Seara insta o PP a que vote no Congreso contra un imposto para o viño

O PSOE ten rexistrada unha moción coa que pide que se manteña a actual fiscalidade para a alimentación e a fiscalidade cero para o viño

"Pronto poderemos comprobar se é certo que Cañete e o PP están en contra do imposto"

A moción socialista pide tamén tarifas eléctricas axeitadas para as explotacións de regadío, así como medidas para unha repartición de cotas agrarias axeitada

A deputada socialista ourensá Laura Seara insta ao ministro Cañete e ao grupo parlamentario popular a "que voten a favor da moción do PSOE e así demostren, como manifestaron, que son contrarios a un novo imposto sobre o viño,".

O grupo socialista ten rexistrada no Congreso unha moción coa que piden "asegurar o mantemento do actual sistema de módulos e a fiscalidade cero para o viño", así como "asegurar os actuais tipos impositivos do IVE da Alimentación sen que se produzan subidas nin no tramo súper reducido nin no reducido". O debate desta moción terá lugar o próximo martes.

"Coa votación desta moción poderemos comprobar se é certo que Cañete e o PP están en contra do imposto do viño ou se, pola contra, e como é xa habitual no PP de Madrid e no PP de Galicia din unha cousa e votan a contraria" -sinala.

Como deputada ourensá, Seara resalta "a alta importancia que o viño ten en Ourense tanto dende o punto de vista económico como cultural" e apunta que "o establecemento dun imposto ao viño sería moi prexudicial para o medio rural e para as familias que viven do viñedo".

Neste sentido, destaca "o esforzo que o sector vitivinícola realizou para a súa modernización" e considera que "o pagamento a ese esforzo non pode ser unha traba ao seu desenvolvemento e que claramente prexudicaría os intereses do sector". Por iso, anuncia a presentación de novas iniciativas parlamentarias.

Regadíos
Na mesma moción, os socialistas piden "adoptar, antes de que se inicie a campaña de rego, as medidas que permitan a aplicación ás explotacións de regadío de tarifas eléctricas axeitadas ás peculiaridades do seu consumo eléctrico (estacional) e o fomento de contratos de tempada para este sector". Sobre este punto, Seara recorda que o PP "mentiu á os agricultores", dado que na súa campaña electoral "vendeu" a creación dunha tarifa eléctica especial para os regadíos.

Política Agraria Común
Así mesmo, a moción socialista insta ao Goberno a "presentar de forma inmediata o plan de rexionalización que concrete o sistema de repartición das axudas directas da PAC, delimitando axeitadamente as distintas rexións agronómicas e concretando as hectáreas elixibles e a contía de axudas a percibir por cada hectárea", así como a "convocar inmediatamente a Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural, conforme pediron seis CCAA para reconsiderar a asignación de fondos FEADER,"

Seara recorda que "o Goberno ten na rúa mostrando o seu descontento a agricultores, gandeiros e pescadores" e pídelle encarecidamente a Cañete "que deixe de mirar só cara ás candidaturas nas europeas" e "que non siga asfixiando a estes sectores".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar