Seara fai un chamamento ás mulleres "para que respalden co seu voto ao PSOE, que liderou os grandes avances da igualdade"

Seara fai un chamamento ás mulleres "para que respalden co seu voto ao PSOE, que liderou os grandes avances da igualdade"

Seara fai un chamamento ás mulleres "para que respalden co seu voto ao PSOE, que liderou os grandes avances da igualdade"

A secretaria de Igualdade do PSdeG e directora do Instituto de la Mujer, Laura Seara, fixo en Ourense un chamamento a todas as mulleres galegas para que voten ao partido socialista “que liderou os grandes avances en materia de igualdade”.

Seara pediu ás mulleres que non apoien co seu voto ao PP “que é o partido que quere derogar a igualdade” e que “pon pedras no camiño da igualdade, polo que as mulleres temos que darlle as costas”.

Sinalou que “non debemos consentir que deroguen todos os dereitos que tanto nos custou lograr ao longo destes anos” e lembrou que cos socialistas “sempre avanza a igualdade e sempre acadamos dereitos, mentres que co PP retrocedemos”.

“No programa oculto do PP a igualdade está como un dereito a boicotear” proclamou Seara, quen contrapuxo as políticas de dereitas coas socialistas.

Seara subliñou que o PSOE “é o partido que liderou os grandes avances en favor da igualdade, que se acadaron sen o apoio do PP” e lembrou que a partir do 22 de maio “haberá unha maior presenza de mulleres nos concellos galegos grazas a unha lei, a de igualdade, que o PP recorreu”.

Por elo destacou a importancia de cada voto “para que siga gañando a igualdade e os concellos galegos sigan liderando as políticas que melloran a vida das mulleres”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar