Seara afirma que o PP busca escusas para non facer o AVE

Seara afirma que o PP busca escusas para non facer o AVE

Seara afirma que o PP busca escusas para non facer o AVE

A deputada Laura Seara criticou hoxe as plaabras de Ana Pastor sobre o alto custe do proxecto de entrada do Ave a Ourense, e explicou que o soterramento é técnicamente case imposible e moito máis caro que o proxecto actual.

Seara explicou que o que encarece o proxecto non é a Estación senón o cambio de trazado feito polo Goberno Socialista en 2008 respecto do proxectado inicialmente polo PP, que deixaba unha cicatriz na cidade xa que a cruzaba pasando por todos os barrios dende Rairo, San Francisco, As Lagoas e A Ponte.

Dixo que a estación do AVE de Norman Foster é un proxecto de gran prestixio que se autofinancia, e que será un elemento máis de atracción para a cidade de Ourense.

Así, anunciou que xa foi presentada no Congreso unha batería de preguntas sobre a entrada do AVE en Ourense, e dixo que “non se pode acosar ao Partido Socialista durante anos” coa “historia” que ten o Partido Popular respecto deste tema.

Insistiu en que non se pode estar “berrando” en todas as institucións nas que o PP ten representación e agora dicir que o proxecto do AVE a Ourense é moi caro”, e explicou que o problema do PP de Ourense non era o AVE senón que era un proxecto posto en marcha polo Partido Socialista.

Lembrou que o primeiro estudo informativo do AVE foi publicado no BOE no ano 2001, todo o PP “aplaudiu coas orellas” e o problema comezan a crealo cando o PSOE gaña as eleccións.

Así, amosou unha carta do 9 de maio de 2005 asinada polo alcalde Manuel Cabezas e o entón conselleiro da COTOP, Alberto Núñez Feijóo, na q

ue din que “é imposible o soterramento” e á que adxuntan un proxecto técnico no que o AVE pasa por toda a cidade utilizando mamparas, cun coste de 61,2 millóns de euros.

No 2008 o Concello de Ourense, gobernado polo PSOE, pide un cambio de proxecto “para que non se rache a cidade, que non quede con esa inmensa cicatriz presentado polo PP”, e se consigue o cambio de trazado e case se multiplica por dez a inversión, 580 millóns de euros.

Seara apuntou que naquel momento o PP presentou unha nimia alegación e unha proposición non de lei no Congreso, feita por Celso Delgado que di así: “1.- se realice unha modificación do deseño exposto dos últimos 4 quilómetros que permita un paso sobre o río Miño, máis ao norte do actual; 2.- non se impida a eventual decisión de soterrar as vías necesarias para o tráfico na Estación Ourense Empalme”.

“O que estaba detrás desa alegación era mover o trazado porque na zona de Castro de Oira onde estaban recalificados uns terreos para 1.000 vivendas no PXOU que foi declarado ilegal”, dixo.

Ademais criticou o enmudecemento de Feijóo sobre cumprimento o Pacto do Obradoiro dende que Rajoy chegou ao Goberno, cando antes o Goberno de España cumpría con todos os prazos e Feijóo denunciaba todos os días na prensa “un suposto incumprimento que nunca foi tal”.

Por outro lado, Laura Seara e Miguel Fidalgo anunciaron que os representantes públicos do PSdeG participarán activamente nas manifestacións convocadas polas centrais sindicais para o 29 de marzo, para estar ao carón dos traballadores, das persoas que están en paro e as que perderán o seu traballo despois de aprobar esta durísima, desequilibra e inxusta reforma laboral.

Neste sentido Fidalgo afirmou que “esta reforma laboral é o golpe máis grande á sociedade española nos 34 anos de democracia”, polo que fixo un chamamento a todos os cidadáns a participar na folga xeral.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar