Seara: "Este 8 de marzo enfrontámonos a unha batalla ideolóxica dos gobernos do PP contra os dereitos das mulleres"

Seara: "Este 8 de marzo enfrontámonos a unha batalla ideolóxica dos gobernos do PP contra os dereitos das mulleres"

Seara: "Este 8 de marzo enfrontámonos a unha batalla ideolóxica dos gobernos do PP contra os dereitos das mulleres"

A secretaria de Igualdade, Emigración e Movementos Sociais do PSdeG, Laura Seara, lamentou hoxe que este 8 de marzo, Día Internacional da Muller, coincida cunha reforma laboral que “expulsa ás mulleres do emprego” ao imposibilitar a conciliación laboral.

A socialista lembrou que a evolución da situación das mulleres e os avances da igualdade “foron dos cambios máis importantes que se produciron nas últimas décadas, colocando a España na vangarda europea e formando parte fundamental a nosa modernización como país”.

“Grazas ao traballo realizado, tanto individual como colectivo, e ás políticas desenvolvidas dende as administración públicas nos últimos anos, hoxe as mulleres temos máis presenza na vida económica, social e política”, destacou.

Así, lamentou que “por primeira vez dende hai anos, este 8 de marzo nos enfrontamos a unha batalla ideolóxica dos gobernos do PP contra os dereitos das mulleres”.

“Unha batalla que se concreta no anuncio da eliminación do dereito das mulleres a decidir sobre a súa saúde sexual e reproductiva, o ataque frontal que supón o decreto de medidas para a reforma do mercado laboral, ou os recortes do Estado de Benestar en educación, sanidade e dependencia”, dixo.

Reforma laboral
Afirmou que este 8 de marzo é “especialmente doloroso” porque o Goberno do PP leva ao Parlamento unha reforma laboral que “expulsa ás mulleres do emprego” ante a imposibilidade de conciliar a súa v

ida familiar e laboral.

Lembrou así que a reforma elimina os dereitos de conciliación, da prioridade aos convenios de empresa, permite ás empresas obrigar a facer horas extraordinarias nos contratos a tempo parcial e organizar os seus tempos nos casos de reducción da xornada por coidados ou lactancia, e reduce os salarios das mulleres, ao permitir facelo por razóns de productividade e competitividade.

Estas medidas afectan especialmente ás mulleres “xa que son as que seguen a ocuparse en maior medida da atención a persoas en situación de dependencia e dos fillos e fillas”, lembrou Seara.

A socialista incidiu en que esta reforma “ademais de ser inxusta, ineficaz e discriminatoria, desaproveita o enorme potencial que supón contar coas capacidades da metade da poboación, as mulleres”.

“Unha vez mais, ante unha situación de crise, a dereita expulsa ás mulleres da actividade económica e social e pretende substituír os dereitos do Estado do Benestar pola dobre e triple xornada das mulleres, para que asuman en exclusiva a atención e coidado”, apuntou Seara.

Por elo, Seara esixiu “que se manteña o dereito das mulleres a decidir, que se protexa as mulleres vítimas da violencia, e os dereitos das persoas en situación de dependencia”. Reclamou así “solucións diferentes ás que está tomando a dereita, porque a crise non a deben pagar os que mais axuda necesitan”.

Seara criticou ademais a frivolidade dos gobernos do PP, que no caso de Galicia levou a “un abandono total das políticas de igualdade, que sumado á falla de políticas de emprego levou a un aumento do paro feminino por enriba do masculino e a un aumento da fenda salarial”.

“Dende o PSdeG seguimos pensando que as políticas de igualdade son necesarias, non só por ser xustas e democráticas, para acadar unha sociedade máis desenvolvida e competitiva”, apuntou.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar