Congreso e Senado. Ofensiva socialista para esixir ao Goberno que peche os expedientes ós emigrantes retornados

Congreso e Senado. Ofensiva socialista para esixir ao Goberno que peche os expedientes ós emigrantes retornados

Congreso e Senado. Ofensiva socialista para esixir ao Goberno que peche os expedientes ós emigrantes retornados

A deputada socialista Laura Seara, xunto a outros deputados socialistas de CCAA afectadas, reuniuse esta mañá no Congreso dos Deputados coa Presidenta da Federación de Asociacións de Emigrantes Retornados.

Durante a reunión, os deputados socialistas presentáronlle á Presidenta da Federación a Proposición non de Lei que o PSOE rexistrou no Congreso dos Deputados con medidas tributarias para as rendas non declaradas de emigrantes retornados.

Seara incidiu en que "os emigrantes galegos retornados non actuaron de mala fe e non son defraudadores fiscais" e que "mentres o Goberno si perdoa a grandes defraudadores fiscais actúa cos emigrantes retornados de xeito absolutamente violento nas formas".

A deputada socialista galega destacou que "este é un asunto de grande importancia en Galicia, quinta provincia galega en emigración, e na que tanto a nivel comarcal como provincial estase a constituír unha gran plataforma de afectados".

Así, explicou que a Proposición non de Lei pide ao Goberno "colaborar cos emigrantes retornados para que poidan regularizar a súa situación fiscal, prevalecendo a mesura e consideración sobre un colectivo que non tivo intención de defraudar a Facenda Pública,".

Deste modo, solicita "non" iniciar "ningún expediente sancionador sobre as pensións dos emigrantes residentes non declaradas no IRPF, e pechar de oficio os expedientes abertos"".

Así mesmo, formula "abrir, a través de ICO, unha liña de crédito a medio e longo prazo, sen interese remuneratorio para que os emigrantes retornados poidan regularizar a súa situación fiscal", así como "desenvolver unha campaña informativa sobre as obrigas tributarias dos emigrantes retornados e o tratamento fiscal das rendas e pensións que perciben".

A Proposición non de Lei do PSOE contempla ademais "promover os cambios normativos necesarios para dar maiores facilidades de pagamento, mediante a ampliación do período de aprazamento" e "que non se perciban intereses de demora nas liquidacións do IRPF que se practiquen por exercicios anteriores".

A senadora pola Comunidade Autónoma de Galicia, Paula Fernández Pena, interpelará ao Goberno o próximo martes día24en a sesión plenaria da Cámara Alta, e interesarase polas previsións do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas en relación coa reclamación de débedas tributarias ao colectivo de pensionistas emigrantes retornados.

Fernández Pena subliñou que a decisión da Axencia Tributaria de abrir expedientes de xestión tributaria de comprobación limitada dirixidos a contribuíntes do colectivo de pensionistas emigrantes retornados está a xerar entre os cidadáns en gran desconcerto e unha sensación de desigualdade de trato por parte da Administración Tributaria.

A parlamentaria do PSOE explicou que o desconcerto se debe a que se trata dun colectivo de escaso nivel de renda e menor cultura tributaria pero que procedeu de acordo ás indicacións recibidas dende os servizos da propia Axencia Tributaria. Tamén apuntou que a sensación de desigualdade de trato se explica, en primeiro lugar, polo feito de que estes expedientes se estean a producir só nalgunhas Comunidades Autónomas, concretamente nas que a emigración tivo maior incidencia como Galicia e Andalucía entre os anos 50 e 70.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar