Seara e Cortizo formarán parte do Comité Permanente do Grupo Socialista no Congreso

Seara e Cortizo formarán parte do Comité Permanente do Grupo Socialista no Congreso

Seara e Cortizo formarán parte do Comité Permanente do Grupo Socialista no Congreso

A deputada socialista ourensá Laura Seara e o deputado socialista pola Coruña Miguel Cortizo entran a formar parte do Comité Permanente do Grupo Socialista no Congreso dos Deputados, na súa calidade de voceiros do grupo parlamentario socialista.

Laura Seara foi nomeada voceira do grupo socialista na Comisión de Políticas Integrais para a Minusvalidez, polo que será a persoa pola que pasarán todos os asuntos parlamentarios relacionados con esta materia. A esta portavocía, sumará a súa dedicación como vogal nas Comisións de Igualdade e de Agricultura, Alimentación e Medio.

Tras o seu nomeamento como voceira de forma oficial, a deputada ourensá mostra a súa satisfacción e destaca que "a atención ás persoas, e máis ás persoas con especiais dificultades, é unha das prioridades dos socialistas, que se enmarca nun dos eixes prioritarios das políticas socialistas como son as políticas sociais,".

Miguel Cortizo foi nomeado o Voceiro de I+D+I na Comisión de Economía e Competitividade, co que será o encargado de todos os asuntos sobre esta materia. Ademais, é vogal nas Comisións de Economía e Educación.

O deputado pola Coruña fai fincapé tras o seu nomeamento como voceiro na relevancia da I+D+I para a recuperación económica e sinala que "o desenvolvemento dun país é absolutamente imposible sen I+D+I"

Dende unha perspectiva galega, hai que sinalar que estes nomeamentos abundan na presenza que os deputados socialistas galegos teñen no Congreso dos Deputados. Así, súmanse á Secretaría Segunda da Mesa do Congreso de Carmela Silva, a Vicepresidencia Segunda de Blanco na Comisión de Industria, a Vicepresidencia Segunda de Caamaño na Comisión Constitucional e os cargos que exerce Guillermo Meijón como Secretario Segundo na Comisión de Cultura e Vicevoceiro de Universidades na Comisión de Educación

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar