Seara denuncia que Mato admite no Congreso que haberá novos recortes sanitarios

Seara denuncia que Mato admite no Congreso que haberá novos recortes sanitarios

Seara denuncia que Mato admite no Congreso que haberá novos recortes sanitarios

A ministra de Sanidade, Ana Mato, non foi capaz de negar no Congreso o previsible recorte en servizos sanitarios, que realizará o Goberno tras a celebración das eleccións en Galicia e País Vasco.

A deputada socialista galega Laura Seara esixiu a Mato esta mañá, mediante unha pregunta oral no Pleno, que responda á cuestión de "se o Goberno volverá podar os servizos sanitarios tras as eleccións galegas e vascas". "É doado, responda si ou non" -esixiu Seara.

Ante a resposta da ministra, que asegurou que "ningún español sufriu ningún recorte na sanidade pública", Seara acusou a Mato de terse convertido no "Terminator da sanidade pública".

Neste sentido, a deputada aludiu ao copagamento sanitario e farmacéutico implantado polo Goberno de Rajoy, "un copagamento que inclúe por primeira vez aos pensionistas do noso país e que é xa un drama en toda España, pero agravado en Galicia, e que levou a que homes e mulleres empecen a renunciar aos tratamentos porque non os poden pagar".

Seara indicou así que "os seus recortes se suman aos que previamente, e coa mesma indolencia, puxo en marcha o Sr. Feijoo nunha terra como Galicia na que os xubilados cobran as pensións máis baixas de España pero que pagan o mesmo polos medicamentos. ".

Por iso, asegurou que "se en Galicia hai un cambio de Goberno, os socialistas eliminaremos o copagamento para todos os pensionistas".

Ademais, Seara remarcou que "soan afastadas aquelas palabras do Sr. Rajoy sobre a liña vermella da sanidade". "Non é vostede de fiar -espetoulle á ministra- e como sempre antes das eleccións di unha cousa e despois fará a contraria".

Sobre esta cuestión, recordou que, "respecto á revisión da carteira de servizos gratuítos, o vicepresidente do Goberno foi claro ao afirmar que un grupo de expertos xa avanzou unha nova proposta de recortes" e criticou a pretensión do Goberno de eliminar da devandita carteira servizos esenciais como as mamografías. "Cre que as mamografías, que salvan vidas, poden considerarse accesorias?" -preguntou.

"É hora de que nos diga a verdade; os españois merecemos un Goberno que non nos minta e vostedes teñen demasiadas mentiras no seu armario" -espetou Seara.

Ante a resposta de Mato, que non negou a intención do Goberno de realizar novos recortes tras os comicios galegos, Seara lamentou: "Unha vez máis, os cidadáns saberemos as intencións do Goberno tras as eleccións".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar