Seara denuncia que "Fomento enterra a estación de Norman Foster e ademais engana co custo do proxecto"

Seara denuncia que "Fomento enterra a estación de Norman Foster e ademais engana co custo do proxecto"

Seara denuncia que "Fomento enterra a estación de Norman Foster e ademais engana co custo do proxecto"

A deputada ourensana acusa a Fomento: "Dicir só que queren unha estación economicamente viable é como non dicir nada, despois dos dous anos perdidos dilatando a cuestión, enganando á cidade e abeirándose na escusa do famoso e virtual soterramento"

Engade que "menten co custo do proxecto de Foster"

A deputada socialista ourensana Laura Seara realizou esta mañá, na Comisión de Fomento do Congreso, unha pregunta oral ao Secretario Xeral de Infraestruturas, Sr. Neno, coa que lle esixiu a Fomento que aclare cal será o proxecto para a estación intermodal de Ourense.

Durante a súa intervención, Seara recordou que "o Goberno estivo 2 anos contestando ás preguntas parlamentarias que estaban a estudar o soterramento para a entrada da AVE a Ourense, e o fixo só para xustificar que o PP de Ourense defendeu con decisión o soterramento durante a anterior lexislatura e o utilizou como arma arrojadiza contra o Goberno do PSOE".

"Finalmente, tras tanto 'estudar' -sinalou- o PP optou pola variante exterior, que foi o que deixou planificado o Goberno socialista,".

A este respecto, Seara recordou que "mesmo o propio Feijoo sostivo que atrasar a AVE a Galicia por esa cuestión sería unha broma". Seara tamén afirmou que "a provincia de Ourense non cre que a AVE chegará en 2018 (tal e como se reflectiu recentemente nunha enquisa) e eu, tampouco porque non cadran nin os prazos, nin o ritmo das licitacións, nin a velocidade das obras,".

Ademais, criticou "a demamogia que dende o PP escenificaron co proxecto de Norman Foster" e recordou que "Foster gañou o concurso e a cidade de Ourense está satisfeita coa decisión do xurado e orgullosa de que un proxecto desta envergadura se leve a cabo".

Así, defendeu a idoneidade do proxecto de Foster, que resultou gañador "porque garante a intermodalidade, conecta axeitadamente os barrios da ponte e O Vinteún, mantén o edificio da actual estación e é unha proposta moderna e vangardista que sería un referente arquitectónico en todo o país".

Así mesmo, indicou que "a estación deseñada por Foster tería un custo de 14 millóns de euros, máis os 24 millóns de cubrición das vías, e non tería polo tanto o custo que sostén o Goberno do PP de 68 millóns de euros", e engadiu que "ademais parte desta obra se autofinanciaría polos convenios urbanísticos".

Sobre este punto, o Secretario Xeral de Infraestruturas sostivo hoxe que o custo deste proxecto ascende a máis de 80 millóns de euros e se limitou a dicir que "o Goberno quere unha solución intermodal, economicamente viable e que conte co consenso de todos incluída a Xunta de Galicia"

Seara lamenta que "segundo demostra a memoria económica do proxecto de estación de Foster, o Goberno mente co custo" e reproba que "dicir só que queren unha estación economicamente viable é como non dicir nada".

"Enterraron o proxecto Foster polo que deberán dar explicacións a toda a cidade", espetou Seara.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar