Seara denuncia a gravidade da desxudicialización dos rexistros civís

Seara denuncia a gravidade da desxudicialización dos rexistros civís

Seara denuncia a gravidade da desxudicialización dos rexistros civís

"Este é un novo paso do Goberno do PP no seu camiño de destrución dos servizos públicos, no que parecen subxacer escuros intereses,"

A deputada socialista ourensá Laura Seara reuniuse co sindicato UGT para tratar a gravidade dos pasos dados polo Goberno do PP para desxudicializar os rexistros civís que pasarían a ser levados polos rexistradores da propiedade.

Para Seara "o Goberno dá un paso máis na súa carreira privatizadora e de destrución dos servizos públicos". "Esta vez toca, outra vez, recortes nos dereitos dos cidadáns de acceso á xustiza,".

Neste sentido, sinala que "ás taxas xudiciais impostas polo Goberno do PP, que impiden a moitos cidadáns, sempre aos máis débiles, acceder á xustiza, se sumará agora a práctica privatización dos servizos dos rexistros civís, ata agora públicos".

"Este camiño privatizador dos rexistros civís, apunta, non é novo, porque o Goberno de Rajoy hai tempo que xa derivou os labores relacionados cos expedientes de nacionalidade"

Seara incide en que "ata agora os servizos prestados polos rexistros civís foron servizos públicos prestados por funcionarios públicos". A este respecto, sinala "o prexuízo que para estes funcionarios podería supoñer a privatización dos devanditos servizos".

Así mesmo, fai fincapé en que "a desxudicialización dos rexistros civís podería incidir negativamente dende a perspectiva da protección de datos dos cidadáns".

Por iso, a deputada socialista rexistrou unha batería de preguntas parlamentarias no Congreso coas que lle esixe ao Goberno "que aclare se é firme a súa postura respecto a que os Rexistradores da Propiedade e Mercantís se vaian a facer cargo dos Rexistros Civís" e "que explique como pretende manter os rexistros civís como un servizo público".

Tamén reclama "que o Goberno explique os datos do concurso público polo que se adxudicou a unha empresa o programa informático para que as e os Rexistradores tramitasen e resolvesen os expedientes de nacionalidade".

Ademais, Seara pregunta ao Goberno se se reuniu cos representantes do corpo de Rexistradores da Propiedade e Mercantís para coñecer se desexan a levanza dos rexistros civís e advirte o Executivo que "nin os propios rexistradores están de acordo".

A deputada avanza que o grupo socialista seguirá mantendo reunións son os sindicatos e os colectivos afectados por esta medida.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar