Seara critica que o recurso anunciado polo Goberno "é un recursiño para lavarse a cara pola incompetencia da súa xestión"

Seara critica que o recurso anunciado polo Goberno "é un recursiño para lavarse a cara pola incompetencia da súa xestión"

Seara critica que o recurso anunciado polo Goberno "é un recursiño para lavarse a cara pola incompetencia da súa xestión"

A deputada socialista ourensá sostén que "aos galegos, a sentenza nos avergoña e dóenos" e pídelle a Cañete "que recorran ata o final e integramente a sentenza"

A deputada socialista ourensá Laura Seara realizou esta mañá na sesión de control do Congreso unha pregunta oral ao Ministro Arias Cañete para esixirlle resposta sobre como pensa o Goberno garantir aos afectados o resarcimento dos danos para o medio, pesca, marisqueiro e turismo, entre outros, ocasionados polo Prestige.

Seara sostivo ante o ministro que a sentenza ditada sobre o Prestige "é unha sentenza que aos galegos nos avergoñaa e dóenos" e, non obstante, afirmou que "vostedes, os do PP, están máis felices que perdices".

Neste sentido, cualificou de "paradoxo" que 11 anos despois do accidente do Prestige "todos os que xestionaron aquel desastre están agora de novo no Goberno, co señor dos hilillos á fronte e con vostede, sr. Cañete, agora non só como ministro de pesca senón tamén de medio".

Así, a deputada socialista recordou que, cando sucedeu o accidente, Cañete avalou a decisión de afastar o barco e afirmou que a vertedura non era unha marea negra. "Que lúcido e acertado estivo vostede!" -espetoulle Seara ao ministro.

"Mentres todos limpabamos as praias, vostedes intoxicaban informativamente para ocultar o que todos viamos" -engadiu a deputada socialista.

Respecto á sentenza, Seara incidiu en que "alguén deberá pagar polos máis de 4.328 millóns de euros en danos económicos e ambientais".

Non obstante, criticou que "o recurso que anunciou é Goberno só é un recursiño que presentan para lavarse a cara ante a incompetencia da súa xestión, porque a intención do recurso non é o cuestionamento dunha sentenza insolente e contraria a Dereito,".

Por iso, Seara pediulle a Cañete que "esta vez sexa sincero" e que "defendan agora o que non souberon xestionar hai 11 anos".

Pídolle que poñan todos os medios do Estado e da Fiscalía para recorrer ata o final e integramente a sentenza" -esixiu a deputada.

Seara critica que, a pesar diso, Cañete se limitou na súa resposta a ler a sentenza e a dicir que en Muxía o PP obtivo maioría absoluta. "É unha resposta indecente" -criticou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar