Seara critica que o PP rexeite o control periódico dos residuos radiactivos da Foxa Atlántica

Seara critica que o PP rexeite o control periódico dos residuos radiactivos da Foxa Atlántica

Seara critica que o PP rexeite o control periódico dos residuos radiactivos da Foxa Atlántica

O PP rexeitou na Comisión de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente unha iniciativa parlamentaria que solicitaba a adopción de medidas de control e seguimento periódico do estado dos bidóns con residuos radioactivos depositados na Foxa Atlántica, fronte á costa de Galicia.

A deputada Laura Seara -que interveu como voceira do grupo socialista- sinalou que, segundo información facilitada polo Goberno durante a pasada lexislatura, existen datos do Organismo Internacional de Enerxía Atómica que contabilizan en 140.000 toneladas os residuos radioactivos que alberga a Foxa Atlántica, procedentes de centrais nucleares de Europa.

"A vixilancia destes residuos -explicou- é realizada polo Consello de Seguridade Nuclear a través da rede de estacións de mostraxe e, se ben as mostras analizadas non fan sospeitar a dispersión de materiais almacenados na foxa, existen informes científicos que apuntan a que os bidóns poden deteriorarse pola salinidade

da auga e pola presión que soportan a 3000 metros de profundidade".

Ademais, Seara apuntou que "a Convención de Londres, que prohibe expresamente a vertedura ao mar de residuos radiactivos, establece ademais obriga aos Estados ratificantes a realizar controis periódicos sobre estes".

Así mesmo, recordou que "o Parlamento Europeo aprobou en 2007 que os Estados membros han de realizar avaliacións do medio mariño e analizar os riscos ambientais e radiactivos" e que "en 2008, a Comisión de Enerxía da UE sinalou que, aínda que estes residuos non formulaban risco, existe a necesidade de controlalos

Por iso, defendeu a necesidade de levar a cabo medidas de control de xeito periódico, segundo recomenda a UE, e criticou o rexeitamento do PP, ao que lle indicou que "o risco 0 non existe cando se trata de residuos radiactivos".

A deputada socialista aproveitou ademais a súa intervención para realizar un recoñecemento a Anxel Vila, o patrón do Xurelo, un barco galego que hai 30 anos levou a un grupo de persoas, ecoloxistas e xornalistas mar dentro para verificar que cargueiros holandeses botaban sen permiso residuos nucleares ao fondo da foxa Atántica. "Anxel Vila, que faleceu en Galicia en decembro de 2011, é un deses nomes anónimos fundamentais na historia recente da defensa do mar en Galicia" -sostivo.

zp8497586rq

32641281A

Pechar