Seara critica o rexeitamento do PP ás propostas socialistas para defender os agricultores

Seara critica o rexeitamento do PP ás propostas socialistas para defender os agricultores

Seara critica o rexeitamento do PP ás propostas socialistas para defender os agricultores

O PP rexeitou as medidas socialistas para avalar os agricultores profesionais, abaratar a tarifa eléctrica para os regadíos, sobre seguros agrarios e para evitar perdas de fondos europeos

A deputada socialista ourensá Laura Seara critica o rexeitamento do PP no Debate de Estado da Nación das propostas de resolución do Grupo Socialista. "Unhas propostas baseadas na recuperación económica e dos dereitos sociais e liberdades que recortou o Goberno do PP". Sobre este punto, sinala a petición dos socialistas de retirar a reforma laboral, o anteproxecto de Lei do aborto e o proxecto de lei de seguridade cidadá.

Ademais, pola súa incidencia en Ourense e en Galicia, a deputada socialista ourensá destaca as propostas socialistas formuladas para impulsar o sector agrario e pesqueiro, o desenvolvemento rural, a defensa do medio e a loita contra o cambio climático. "Con estas propostas -sinala- tratamos de comprometer o Goberno na defensa dun sector estratéxico cuxa pervivencia é fundamental para Ourense e en Galicia".

Coas resolucións para o sector agrario, os socialistas piden concretar de forma definitiva o novo sistema de repartición das axudas derivadas da PAC, que teña en conta a opinión das CCAA e incorpore ás Organizacións Profesionais Agrarias, así como ás organizacións de carácter sindical, económico, social e ambiental vinculadas ao medio rural.

Seara apunta que o novo sistema de repartición de axudas da PAC supoñerá unha diminución das axudas e un incremento dos custos de produción, como o incremento da tarifa eléctrica de regadíos.

Por iso, as propostas socialistas inclúen que, en materia de desenvolvemento rural, se repoña a achega do 50% que o Estado tiña no período anterior, elaborar o Programa Nacional de Desenvolvemento Rural e impulsar a elaboración dos Programas Rexionais, así como evitar posibles perdas de fondos europeos por falta de execución dos fondos FEADER. Así mesmo, instan a establecer para as explotacións de regadío tarifas de acceso eléctricas máis baratas que as actuais e recuperar a achega presupostaria estatal para o Plan Nacional de Seguros Agrarios, mantendo os niveis de aseguramento coa colaboración das CCAA.

Os socialistas pediron ademais eliminar da Lei de costas de 2013 os elementos inconstitucionais e que supoñen a privatización da costa e unha desprotección ambiental, ademais de que se mantegan os niveis de protección dos Parques Nacionais.

Seara lamenta non obstante que o PP, en contra dos intereses dos cidadáns en xeral e dos galegos e galegas, rexeitou as propostas socialistas "fiel ao seu costume de virar as costas ás necesidades reais das persoas"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar