Seara censura que "mentres Galicia arde, Feijóo fai acopio de pasaportes na Arxentina e Uruguay e Juárez esta fuxido"

Seara censura que "mentres Galicia arde, Feijóo fai acopio de pasaportes na Arxentina e Uruguay e Juárez esta fuxido"

Seara censura que "mentres Galicia arde, Feijóo fai acopio de pasaportes na Arxentina e Uruguay e Juárez esta fuxido"

A candidata ao Congreso pola provincia de Ourense, Laura Seara, censura a irresponsabilidade do Goberno da Xunta, que mentres Galicia arde de norte a sur, e especialmente a provincia de Ourense, Feijóo está facendo acopio de pasaportes na Arxentina e en Uruguay, para ver se trapichea algún voto, e Juárez está fuxido despois de ter despedido a centos de brigadistas durante os últimos meses”.

Seara considera indignante esta situación, porque “onte había en Galicia arredor 30 incendios, especialmente na provincia de Ourense, onde a imaxe máis gráfica era a cidade de Ourense cuberta de fume”.

“É sumamente neglixente que o máximo responsable na materia, o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, estivera desaparecido despois de ter despedido a centos de brigadistas e ter desmantelado por completa o servizo de extinción de incendios da Xunta”, afirma.

Seara apunta que “o Goberno galego debe ser o único que non se enterou de que o mes de outubro ía ser unha prolongación da calor e a falta de chuvias propias do verán, como xa foi o mes de setembro”.

De feito, a Xunta despediu no mes de setembro a todos os brigadistas de reforzo da campaña de verán, co que os efectivos da Xunta se reducen á metade. Seara critica “as xornadas salvaxes” que por este motivo teñen que facer os homes e mulleres que traballan nas brigadas, que están redobrando quendas e descansando tan só 2 ou 3 horas ao día, “poñendo en perigo as súas propias vidas para paliar a incompetencia e irresponsabilidade da Xunta”.

Seara lembra que a vaga de lumes arrasou nos primeiros 14 días de outubro as 2.400 hectáreas, polo que o 2011 supera xa a cifra de 14.500 hectáreas queimadas que arderon o pasado ano 2010.

Por último, esixe a Feijóo que achegue o que lle debe aos Concellos, que poña en marcha os GRUMIR, que se resolvan as axudas ás comunidades de montes, que se utilice a Lei de Montes para apostar pola prevención e racionalizar o gasto en extinción, e que se estableza un Plan Integral de Recuperación das zonas afectadas polos lumes.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar