Seara: "Cando gaña e goberna o PSOE avanza a igualdade, cando o fai o PP, retrocede"

Seara: "Cando gaña e goberna o PSOE avanza a igualdade, cando o fai o PP, retrocede"

Seara: "Cando gaña e goberna o PSOE avanza a igualdade, cando o fai o PP, retrocede"

A Casa de Cultura de Verín acolleu a conferencia sobre Políticas de Igualdade no Eido Local, na que participou a secretaria de Igualdade do PSdeG e Directora do Instituto de la Mujer, Laura Seara, o candidato á alcaldía de Verín, Emilio González Afonso, e o secretario Xeral provincial, Raúl Fernández.

Seara afirmou que “cando gaña e goberna o PSOE avanza a igualdade, mentres que cando gaña e goberna o PP retrocede a igualdade”.

A directora do Instituto de la Mujer salientou a relevancia das eleccións municipais, e sinalou que “nestas eleccións están en xogo moitas cousas, e unha delas son as políticas de igualdade e os dereitos das mulleres”.

Seara recordou todos os avances históricos en materia de igualdade nos últimos 7 anos, como a Lei Orgánica Integral de medidas contra a Violencia de Xénero, a Lei de Igualdade efectiva entre Mulleres e Homes, “recurrida polo PP ante o Tribunal Constitucional”, e a loita contra trata de seres humanos.

Ademais fixo referencia a aposta dos socialistas por asegurar o dereito das mulleres á saúde sexual e reprodutiva.

“A lei de Igualdade é un éxito”, dixo, e quixo recordar que 1.100.000 pais acolléronse ao permiso de paternidade creado coa lei de igualdade, 4.500 deles na provincia de Ourense.

O candidato á alcaldía de Verín, Emilio González Afonso, salientou a importancia das políticas de igualdade dentro do seu programa electoral.

González Afonso sinalou como prioritario potenciar o Centro de Información á Muller, para non sexa só un centro meramente informativo, senón que se convirta nun instrumento para poñer en práctica políticas transversais de igualdade que dean solución ás necesidades das mulleres do concello de Verín.

“Debe ser un centro de xeración de recursos de emprego, e un centro de orientación para o fomento da creación de cooperativas empresariais, asociacións e outras actividades de desenvolvemento do tecido social verinense”, dixo.

Neste sentido destacou a importancia das políticas postas en marcha dende o Concello para axudar a corrixir as situacións de desigualdade que poden existir entre as mulleres de Verín.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar