Seara advirte que o RD do Goberno sobre o sector lácteo non soluciona a situación dos gandeiros galegos

Seara advirte que o RD do Goberno sobre o sector lácteo non soluciona a situación dos gandeiros galegos

Seara advirte que o RD do Goberno sobre o sector lácteo non soluciona a situación dos gandeiros galegos

A deputada socialista por Ourense Laura Seara considera que "o Real Decreto que acaba de aprobar o Goberno sobre o sector lácteo non é en absoluto solución para a grave crise que sofren os gandeiros galegos".

Advirte así Seara que, "aínda que o Real Decreto establece a obrigatoriedade da firma de contratos se deixa a porta aberta a que nestes se estableza un prezo por debaixo do prezo de produción".

Neste sentido, lamenta que "os gandeiros galegos continuarán vendo como reciben polo litro de leite un prezo menor do que lles custa producilo". Por iso, reclama que o Goberno estableza un procedemento que fixe un prezo mínimo en función de custos de produción. "Os gandeiros que producen leite non poden continuar en mans da industria" -sostén.

"É absolutamente urxente, especialmente para Galicia -asegura- que o Goberno habilite medidas que aseguren a continuidade do sector e paralicen o continuo peche de explotacións".

Neste sentido, sinala que o PSOE, mediante diferentes iniciativas, pedirá ao Goberno a fixación do prezo mínimo necesario en función do custo de produción e recorda que hai uns días os socialistas rexistraron no Congreso unha Proposición non de Lei que solicita a posta a disposición do sector dun paquete de axudas directas á renda calculada en función da produción real, así como dunha liña de financiamento con créditos ICO subvencionados dirixidos fundamentalmente a ao refinanciamento da débeda".

A Proposición non de Lei rexistrada, da que Seara é coautora, solicita ademais unha actuación contundente das Autoridades de Competencia para evitar prácticas abusivas e que o Goberno garanta que o leite non é utilizado como produto reclamo pola gran distribución; que se asegure a firma dos contratos en papel e se estableza a figura do mediador; e que o Goberno despregue ante as Institucións Europeas unha estratexia de Estado que asegure o incremento da cota láctea e un tratamento específico para o sector lácteo na nova PAC para segurar a viabilidade do sector.

"O Goberno non pode continuar escorrendo o vulto coma se este fose un tema europeo e un problema da distribución e a industria". "Debe asegurar que os gandeiros poderán cobrar polo leite un prezo que non estea por debaixo do que lles custa producila e debe habilitar axudas directas ao sector" -sostén Seara.

"Só así poderase evitar a inminente ruína á que o Goberno está a condenar os gandeiros galegos" -afirma.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar