Seara acusa Pastor de "ordenar" que se retarden as obras da AVE a Galicia

Seara acusa Pastor de "ordenar" que se retarden as obras da AVE a Galicia

Seara acusa Pastor de "ordenar" que se retarden as obras da AVE a Galicia

A deputada socialista ourensana presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para que a ministra recoñeza por fin que a alta velocidade a Galicia non chegará en 2018, a pesar de que o prometeu Rajoy

Pídelle ademais a Pastor, por enésima vez, "que aclare se xa estudou suficiente sobre a posibilidade do soterramento para a entrada da AVE a Ourense e xa descubriu outra vez que non é boa opción, tal e como sempre dixo o PSOE,"

A deputada socialista ourensá Laura Seara acusa á ministra de Fomento, Ana Pastor, de "ordenar que se retarden as obras da AVE a Galicia".

Informacións que a deputada puido coñecer apuntan ten que as "ordes" de Pastor serían que as obras da AVE ao seu paso pola provincia de Ourense freen a súa actividade ao 50%.

Por iso, Seara presentou no Congreso unha nova batería de iniciativas parlamentarias para que a ministra explique se ela, e Rajoy, decidiron outra data distinta a 2018 para a chegada da alta velocidade a Galicia e "se modificaron as datas de finalización das obras de determinados trazados na provincia de Ourense". "De ser así -lamenta- os galegos deberamos polo menos saber canto tempo máis teremos que esperar por esta infraestrutura que é absolutamente necesaria para a articulación do noroeste peninsular coa meseta". "A ministra debe dicir dunha vez a verdade, a pesar de que Rajoy prometeu a data de 2018,"

A deputada ourensá advertiu en novembro de 2012 que recibira unha resposta parlamentaria na que o Goberno xa cuestionaba o 2018 como data da AVE a Galicia. Naquela resposta, o Ministerio sinalaba literalmente que "en principio, se prevé para o 2018 pero o devandito prazo está suxeito ao cumprimento da programación establecida" "nos estudos e proxectos realizados"

Posteriormente, en xuño de 2013, Seara pediu a comparecencia de Pastor no Congreso para que explicase "os verdadeiros plans do Goberno respecto á AVE a Galicia", a teor dun informe de ADIF que reflectía que o Goberno cambiaría o proxecto da alta velocidade a Galicia de modo que en 2018 non estaría finalizado o tramo Lubián-Ourense.

Segundo aquel documento, o previsto polo Goberno do PP para 2018 sería finalizar só a construción do tramo Lubián-Taboadela e con plataforma para vía única, e non para dobre vía como si previra o anterior Goberno Socialista; Para o tramo Taboadela-Ourense, Fomento limitaríase a adecuar a liña actual instalando un terceiro carril, e só en horizonte posterior entraría en servizo o tramo Taboadela-Ourense, a variante de Cerdedo e a dobre vía para o conxunto do corredor. Segundo o mesmo informe, o PP pospoñería a execución da nova estación de Ourene e limitaríase a adecuar a estación actual". "Cada vez hai máis probas -sinala Seara- de que, lamentablemente, aquel informe é a folla de ruta do Goberno a pesar de que negou reiteradamente a súa validez".

Coa nova batería de iniciativas parlamentarias presentada, Seara pide ademais a Pastor que responda "se xa rematou de volver estudar a posibilidade de soterrar a entrada da AVE a Ourense e "decidiu por fin un trazado". Sobre este punto, recorda que en xuño de 2012 recibiu unha resposta parlamentaria do Goberno na que Fomento sostiña literalmente que "a cuestión do soterramento xa foi analizada e se descartou polo sobrecoste e as escasas vantaxes urbanísticas que ofrecía no caso particular de Ourense". A pesar diso, só cinco meses despois, en novembro de 2012, Seara recibiu outra resposta parlamentaria na que Fomento sostiña literalmente que "o Ministerio continúa traballando na análise técnica e económica do acceso soterrado a Ourense para buscar a solución máis axeitada dende o ámbito técnico e económico".

Seara recorda que "os socialistas galegos sempre defendemos que o soterramento non era unha boa opción e recibimos unha morea de críticas por parte dos populares galegos que reclamaban o soterramento" "de forma irresponsable e interesada". "Quizais por iso -sinala- é polo que a ministra primeiro estudou pero descartou o soterramento, só 5 meses despois dixo que o volvería estudar, e agora non sabemos se xa acabou de volver estudar e que decidiu".

"O Goberno do PP debe deixar de mentir e dicirnos dunha vez aos galegos cando pensa de verdade facer a AVE a Galicia" -reclama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar