Seara acusa a Montoro de "defraudar" os pensionistas emigrantes retornados

Seara acusa a Montoro de "defraudar" os pensionistas emigrantes retornados

Seara acusa a Montoro de "defraudar" os pensionistas emigrantes retornados

Así o declarou a deputada socialista ourensá tras asistir á manifestación de emigrantes retornados en Carballiño

"Montoro asegurou en sede parlamentaria que habilitaría solucións para os pensionistas emigrantes retornados pero aínda non adoptou ningunha e segue tratándoos como defraudadores"

Os socialistas piden o peche dos expedientes sancionadores

Tras acudir á manifestación de emigrantes retornados en Carballiño, Ourense, a deputada socialista ourensá Laura Seara ten asegurado que "o único defraudador neste asunto sería Montoro pois asegurou en sede parlamentaria que habilitaría solucións para os pensionistas emigrantes retornados e aínda estamos a esperar".

Seara criticou que o ministro de Facenda "continúa tratando os pensionistas emigrantes retornados como defraudadores e non ofrece facilidade ningunha para que estas persoas poidan regularizar a súa situación fiscal".

Así, sinalou que "os expedientes sancionadores aos pensionistas emigrantes retornados seguen abertos e o Goberno nin sequera ampliou os prazos de pagamento para que estas persoas, que en absoluto actuaron de mala fe, poidan facer fronte a esta situación".

A deputada socialista, xunto co resto de deputados socialistas galegos, pediu xa no Congreso ao Goberno -mediante unha Proposición non de Lei- o peche dos expedientes abertos e a apertura, a través de ICO, dunha liña de crédito a medio e longo prazo sen interese remuneratorio. Así mesmo, para dar maiores facilidades de pagamento, Seara pediu a ampliación do período de aprazamento e que non se perciban intereses de demora nas liquidacións do IRPF que se practiquen por exercicios anteriores.

Seara acusou tamén á Ministra Báñez na sesión de control do Congreso de "profunda ingratitude por castigar os nosos emigrantes, que se foron coas maletas baleiras e volveron con elas cheas do froito do seu traballo axudando así a construír o Estado do Benestar,".

A deputada ourensana reuniuse en diversas ocasións coa Federación Española de Asociacións de emigrantes Retornados para tratar de buscar unha solución "ao acoso ao que o Goberno somete a este colectivo".

Ademais, recorda que a voceira do grupo parlamentario socialista, Soraya Rodríguez, mantivo unha reunión no Congreso con pensionistas emigrantes retornados, na que lles asegurou que "o grupo socialista non pararemos de presentar iniciativas parlamentarias porque non sodes defraudadores".

Seara pide a Montoro "que non sexa el quen defraude os nosos emigrantes retornados".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar