Seara acusa a Báñez de "actuar como un comité de campaña" e mentir aos pensionistas galegos sobre a suba das pensións

Seara acusa a Báñez de "actuar como un comité de campaña" e mentir aos pensionistas galegos sobre a suba das pensións

Seara acusa a Báñez de "actuar como un comité de campaña" e mentir aos pensionistas galegos sobre a suba das pensións

A deputada socialista ourensana Laura Seara acusou á Ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, de "enganar os cidadáns cando din que soben as pensións"

Nunha pregunta oral no Pleno do Congreso, Seara esixiu así a Báñez "que conten a verdade agora, e non despois do 21 de outubro".

Engánannos con Pemex e engánannos cando din que soben as pensións pero ata as eleccións en Galicia negarano unha, dous e tres mil veces como San Pedro porque o seu Ministerio e o seu Goberno actúa como un Comité Electoral e non como un Goberno e despois venderán e traizoarán outra vez á cal deberían coidar e protexer" -sostivo a deputada socialista.

Seara explicou así que a suba das pensións do 1% cun IPC do 3,5% supón unha baixada real das pensións do 2,5%. Con estas cifras, a deputada ourensana sinalou que "os pensionistas galegos van sufrir un recorte medio de 245 euros.

"Por iso adiantaron as eleccións -afirmou- pero os galegos e as galegas pararán esa praga".

Por outro lado, a deputada socialista recriminou ademais a Báñez "o seu insultante silencio ante as indignas e vomitivas palabras de Castelao Bragaña".

Nesta liña, Seara recordouno á Ministra que "Feijoo lle propuxo a Castelao Bragaña e vostede o nomeou polo que era vostede quen o tiña que ter cesado fulminantemente pola dignidade de todos e todas".

Estivemos once meses botándoa a vostede de máis -criticou Seara a Báñez- e para unha vez que de verdade tiña que estar, nin sequera abriu a boca".

32641281A

Deixar a resposta

Pechar