Seara: "A mellor inversión dun país é a educación"

Seara: "A mellor inversión dun país é a educación"

Seara: "A mellor inversión dun país é a educación"

A Secretaria de Estado de Igualdade e candidata ao Congreso pola provincia de Ourense, Laura Seara, participou esta tarde na campaña de Xuventudes Socialistas en defensa da educación pública e contra os recortes que o partido popular está a levar a cabo nas comunidades autónomas nas que goberna.

Seara afirmou que “os socialistas consideramos que a mellor inversión dun país é a educación”, e que “fronte ao modelo elitista do PP nós non queremos nin un só recorte en materia educativa”.

A Secretaria de Estado de Igualdade sinalou que “a educación claro que é cara, pero máis cara é a ignorancia”, e que “o mellor antídoto para todos os virus pasan pola educación”.

“A igualdade de oportunidades comeza por unha educación pública de calidade”, apuntou, e lembrou que os socialistas duplicamos o orzamento para a educación.

Así, o PP investiu de media por lexislatura 1.135 millóns de euros, e o PSOE subiu a inversións ata os 2.427 millóns de euros.

“Estos son os números das persoas...os números que máis nos importan”, concluiu.

A campaña que hoxe Xuventudes Socialistas de Ourense levou ás rúas da cidade das Burgas ten a súa web propia, http://www.secarganlaeducacion.org/, que se complementa con accións informativas directas con reparto de dípticos entre os cidadáns.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar