Santín denuncia que a Xunta “tirou a toalla coa crise económica no ano 2013”, ao deixar sen gastar máis de 700 millóns de euros dos orzamentos

Santín denuncia que a Xunta “tirou a toalla coa crise económica no ano 2013”, ao deixar sen gastar máis de 700 millóns de euros dos orzamentos

Santín denuncia que a Xunta “tirou a toalla coa crise económica no ano 2013”, ao deixar sen gastar máis de 700 millóns de euros dos orzamentos

“O Goberno do PP destinou máis a bens correntes e persoal que a investimentos reais”, asegura o deputado socialista

O deputado socialista Juan Carlos González Santín lamentou hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia “tirou a toalla no pasado ano 2013 na loita contra a crise económica”, ao deixar sen gastar máis de 700 millóns de euros dos Orzamentos Xerais do Goberno autonómico, o 8% do total.

“Dos 700 millóns de euros que quedaron sen gastar no exercicio anterior, uns 550 millóns de euros correspondían a investimentos directos e indirectos na loita contra a crise”, asegurou González Santín na Comisión de Economía da Cámara galega.

En opinión do deputado socialista, “é moi preocupante que o Goberno do Partido Popular destine máis a bens correntes e persoal que a investimentos reais, unha situación difícil de entender no actual contexto de crise económica”.

“Había un orzamento de 8.479 millóns de euros, o que facía unha media de 3.000 euros por cidadán galego, pero en promoción de emprego só gastáronse 98 millóns de euros, o 35% do previsto”, afirmou González Santín.

Na súa resposta, a interventora xeral da comunidade autónoma, Almudena Chacón, limitouse a xustificar a decisión de non cumprir os orzamentos no obxectivo de reducir o déficit de Galicia.

“A Xunta só gastou no ano 2013 en funcionamento e gasto corrente, non en gasto produtivo, e hai apartados como sector primario e vivenda que sufriron de forma especial a redución do gasto previsto”, apuntou o deputado socialista. “Galicia necesita outra forma de facer política para saír da crise económica na que estamos inmersos”, engadiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar