Santín censura que Rueda non explicara a vinculación da dimisión do Director de Administración Local coa súa actuación no expediente á secretaria Palas de Rei

Santín censura que Rueda non explicara a vinculación da dimisión do Director de Administración Local coa súa actuación no expediente á secretaria Palas de Rei

Santín censura que Rueda non explicara a vinculación da dimisión do Director de Administración Local coa súa actuación no expediente á secretaria Palas de Rei

González Santín recriminou ao vicepresidente a pasividade da Xunta e desoír a lei que lle obriga a actuar cando un concello menoscaba competencias de administracións superiores

O deputado socialista vinculou a dimisión do director xeral de Administración Local pola súa actuación no expediente á Secretaria de Palas, pois o Colexio de Secretarios ten enviado un informe á fiscalía ao considerar que hai indicios de delito na súa actuación

O parlamentario socialista, Juan Carlos González Santín, censurou a aptitude do conselleiro de Presidencia e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na resposta á súa pregunta sobre posición que mantivo a Xunta no expediente á secretaria interventora de Palas de Rei.

O deputado socialista fixo fincapé en que Norberto Uzal, que cesou como director xeral de Administración Local por motivos persoais, emitira sobre este expediente un informe no que afirmaba que a sanción de cambio de posto de traballo que emitira a delegación de Ourense da Xunta, podería ser substituída por un cese do cargo durante un ano. Pero esta sanción era “inaplicable”.

Este mesmo director xeral emite outro informe, a petición do concello de Palas de Rei no que di que o concello é competente para o inicio do expediente. Informe que contradí a sentencia ao respecto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e a do Contencioso de Lugo, as dúas firmes e favorables ós recursos da Secretaria de Palas, que tivo que sufrir sancións e o afastamento do seu traballo en varias ocasións.

Recordou Santín a Rueda que precisamente en virtude do informe da consellería o Pleno do Concello de Palas acorda a destitución por un ano da Secretaria, sen posibilidade de obter destino neste concello lugués. Sen ter en conta a advertencia de ilegalidade que no mesmo pleno fixera o voceiro do Grupo Socialista.

Tampouco tivo en conta a consellería nin o concello a decisión da Delegación do Goberno, “do seu mesmo partido” insistiu González Santín, de facer caso á petición do Colexio de Secretarios e Interventores e dou orden á Avogacía do Estado que impugnase o acordo do concello de Palas de Rei.

Santín recriminou a Rueda que “ata o momento non fixera nada”, aínda que coñece que o Colexio de Secretarios remitiu a documentación no seu poder á fiscalía “porque ven indicios de delito na actuación do anterior director xeral” . Censura a pasividade do Vicepresidente da Xunta cando coñece, entre outros motivos pola súa condición de secretario municipal, que cando o concello menoscaba competencias do Estado ou da comunidade autónoma “teñen a obriga de actuar”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar